Xa que logo, podemos atopar primeiramente topónimos de orixe prerromana, entre os que temos desde o río Landro ata Landrove, así como o río de Loiba, irmán etimolóxico da parroquia do mesmo nome. De aí pasamos polas innúmeras trazas da nosa cultura latina como no nome das uillae de Flavinius (Chavín) ou Bonimentius (Boimente), pasando polos ecos de tradición xermánica, a tamén antiga uilla de Aroaldus (Aralde).
Os tempos de guerras refléxanse nas referencias aos postos de vixía, como a Costoira, o Monte de Faro ou As Fachas.
As referencias á pesca son tamén innúmeras, desde a Atalaia ata a Balea.
A páxina achega, pois, este percorrido, en orde alfabética, que pretendemos sexa usado como material de consulta para aqueles que tivesen interese polo que hai agochado tras dos nomes dos lugares.
Nota: non reproducimos a lista exhaustiva, excluímos aqueles con significado transparente.
___________________________________________________________
.. "enel marco que se halla en el lugar de Jimarreira y de este a otro que esta en el lugar de abelleira en medio de la casa que havita maria rodriguez viuda" ...
ABRELA, A (Covas)
Diminutivo de "abra", 'baía pequena onde poden fondear as embarcacións' (cf. RAG).
Sobreira definía "abra" como "cualquer espazo de mar na terra, sen porto nin
nada" (cf. J. Sobreira, Fr. J. "Papeletas de un diccionario gallego. Ms. s. XVIII", Ed. de J. L. Pensado. 1979).
ABUÍN (Boimente, Valcarría)
De (uilla) Avolini, forma en xenitivo de Avolinus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, expotación agraria) que hubo neste lugar.
ACEAVELLA (San Pedro de Viveiro -lugar dos Muíños)
Composto "acea vella". Ver AS ACEAS.
ACEAS, AS (Viveiro)
"As Aceas" é a versión máis común en galego, descoñecemos a razón pola preferencia do termo en castelán cando foi oficializado o topónimo.
Os apelativos "acea" e "aceña" proveñen do árabe as-sanya 'nora, muíño da fariña'. No dicionario "acea" é definida como "Muíño situado nunha ría, que aproveita para o seu funcionamento a auga acumulada durante a preamar". Este foi o caso deste lugar.
As aceas non tiñan "rodicio" senón unha roda vertical similar a unha nora.
Este lugar aparece atestado en 1763 como "Azido" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 818). Figura co nome "ACIDO" no dicionario de Madoz (séc. XIX).
ADRADO, O (Covas)
Este lugar aparece atestado en 1762 como "al sitio de Adrado" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Juan de Coba ...": 433).
ALBARIÑO, O (Viveiro)
Segundo Navaza, os termos "Albariña" e "Albariño" son diminutivos de "albar" para formas fitotonímicas como "carballo albariño", "uva albariña" ou "toxo albariño". Tamén sindica que algúns dos topónimos "Albariño" e "Albariña" podería ser diminutivo de "árbore", de arboriña > alboriña (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia Galega").
.. "al sitio de alboy"...
Este lugar aparece atestado en 1764 como "alsitio da Alfeirá"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 410). Figura rexistrado como Alfeirá no Dicionario de Madoz (séc. XIX).
* 'persoa que se alfeira ("encrespa, irrita") facilmente'.* Derivado de "alfeiro": "coidador de porcos". É un termo recollido no galego medieval e no portugués actual (cf. Priberam e DDGM).* Derivado de significado alternativo de "alfeiro": "gado que non cría. É un termo tamén recollido no portugués actual (cf. Priberam).
ALLÁS (Chavín)
Plural de "allal", "alleiro", terreo plantado de allos ou propicio para eles. Algúns destes topónimos aludirían aos allos bravos, que abundan en campóns e prados, e teñen certo interés para o gado. Así o propón Coromines (OC, voz Aiades) para topónimos cataláns na montaña como Puig dels Alls ou Mas de l’Aller.
Aínda que haxa outras posible interpretacións, semellan improbables. A orixe que postula Nicandro Ares para este topónimo, a partir do patronímico Allius, sería estraña, pois sería unha forma mixta, co uso do xenitivo xermánico, Allianes, non imposíbel mais improbábel. Se xuntamos esta baixa probabilidade coa alta ocorrencia como fitotopónimo (e.g. en Valcarría), aplicamos a "navalla de Occam" e decantámonos por ser plural de "allal", a solución máis económica.
ALLARES (Valcarría)
Pode remitir a un terreo plantado de allos ou propicio para eles. Dado que as aliáceas abundan en campóns e prados, e teñen certo interés para o gado, algúns destes topónimos aludirían aos allos bravos. Así o propón Coromines (OC, voz Aiades) para topónimos cataláns na montaña, como Puig dels Alls o Mas de l’Aller. A existencia do topónimo ALLÁS en Chavín reforzaría esta hipótese. No entanto, para Allares, Navaza mantén a dúbida da súa orixe semántica (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
Alternativamente, non se pode descartar tratarse da variante de "anllares", do latín angularis, indicando un punto de unión de dous ríos ou un cóbado do río. Porén, o cóbado máis do Rego do Loureiro,o máis próximo, non queda moi preto, senón a máis de medio quilómetro, polo que non semella a interpretación máis probable.
Como indicado previamente, tamén podería ter acontecido que a orixe dos tres topónimos "Altamira" existentes no concello tivesen relación co viscondado de Altamira, talvez este fose o lugar orixe de tal viscondado ou ben simplemente propiedade do viscondado, tal como comentamos de seguido.
Viveiro pertenceu no século XV ao primeiro Visconde de Altamira, aínda non é claro se a orixe do viscondado de "Altamira" foi en Galiza ou non. Parece ter sentido que fose así, e que tivese a orixe na poboación de "Altamira" en Galdo. Alternativamente, tamén se postula que tivese a orixe na "Altamira" de Cabezón de Pisuerga (Valladolid), un cerro onde houbo unha fortaleza ata o século XIX (cf. aquí); sexa como for, tal como indicamos, poderia ser que o nome referise a propiedades do dito viscondado.
Este lugar figura con este nome no dicionario de Madoz (séc. XIX).
ALVARELLE (Covas)
Podería corresponder con (uilla) Arborelli, forma en xenitivo de Arborellus, nome en diminutivo de Arborius, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe latina.
Alternativamente, o termo podería proceder dun dimunutivo de árbore, arborella, que tería relaxado a pronuncia a arborelle como ocorre noutros casos con esta terminación. Cf. aquí.
Esta poboación aparece atestada en 1763 como "sitio de Amarela"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 204). Tamén figura con este nome no dicionario de Madoz (séc. XIX).
" .. quam habeo de meo patre Petro Lana et matris mee Helvira .." (cf. CODOLGA).
AMARGOSO, O (Boimente, Chavín)
Esta hipótese refórzaa a existencia dos topónimos A Margosa nos concellos de Pol, das Nogais e de Cerdedo Cotobade, Margosas (O Corgo), O Prado Marguento" (Cangas), As Margosiñas (Cerdedo Cotobade), O Margado (Val do Dubra), O Margazal (l. de Rioaveso, Vilalba), As Margas (Bande).
Finalmente, comentar que se debe rexeitl unha orixe na caracterización do terreo de "amargo", referido á calidade da terra ou asociado ao alcume de antigo posesor. A razón para rexeitalo é que o sufixo -oso serve para adxetivar nomes (chuvia/chuvioso), en canto neste caso "amargo" é xa adxectivo, e por tanto *"amargoso" nin existe nin é necesario.
AMIDAL, O (Covas)
Alude a un lugar onde abundaban os ameneiros ou amieiros.
AMEIXOA, A (Vieiro)
Carolina Pérez considérado como posíbel diminutivo do homónimo "ameixa" 'froita da ameixeira', do latín damascēna e con abundante presenza na toponimia (cf. C. Pérez. 2015. "Toponimia e variación dialectal en galego. Os topónimos rematados en -oa, -oá, -úa, -uá").
ARADA, A (Landrove)
Este lugar en aparece atestado en 1763 como "casa terrena al sitio da arada" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Julián de Landrobe...": 196).
Alternativamente, podería ter unha orixe en "hedrada". Así tería evoluído do latín hederata > a eerada > a erada> a arada, tal como postula Martínez Lema (cf. aquí).
Máis improbábel sería ´que proveña de "adrada", de "adra", "a parte que correspondeu a cada veciño cando se dividiu un monte comunal".
Finalmente, queda tamén a alternativa prerromana: Edelmiro Bascuas apuntou a posibilidade de parte dos topónimos "Arada" existentes na xeografía galega e portuguesa ter derivado da forma *arat-, presente en hidrónimos de orixe paleoeuropea, formada da raíz indoeuropea *er-'moverse' (cf. p. 31 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
ARALDE (Magazos)
Derivado de *(uilla) Aroaldi, forma en xenitivo de Aroaldus, remitindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval.
ARANDOS, OS (Boimente)
Derivaría de "Os Sarandos", e este á súa vez de "Os Serandos", topónimo tamén rexistrado na Coruña. Na Coruña tamén existe "O Sarandón", que confirmaría "Sarandos".
"Serandos" podería estar relacionado con "Serantes" e, por tanto, podería ser de orixe céltica ou precéltica, vindo da raíz indoeuropea *ser- 'movimento, fluxo'.
Alternativamente, podería derivar de "arando", o froito da arandeira, aínda que non sexa nome común na zona, polo menos actualmente.
Ata o século pasado, o apelativo "area" tiña tamén a acepción de "areal", "praia", se ben logo perdeuse na fala en favor do termo importado "praia". No entanto, perviviu na toponimia, de aí que atopamos praias chamadas "Area Longa" ou "Area Grande".
Voltando ao núcleo de poboación de Area, xa aparece nun documento mindoniense de 877 no que menciona unha "Villam de Arena sub monte de Faro", sen dúbida correspondente con este topónimo.
En Area estivo a antiga vila romana e altomedieval de Estabañón. De feito, aínda Area figuraba como "Area de Escabañon" no Censo de Pecheros de 1528, onde Escabañon é unha gralla por Estabañón. Este antigo núcleo de poboación, do que quedan restos arqueolóxicos, que quedou asulagado polas augas (un estudo da Universidade da Coruña sobre a altura das mareas do ano 500 a.C. ata o 500 d.C. concluíu que desde entón o nivel subiu dous metros). As escavacións realizadas hai unha década atoparon alí restos de dúas vilas, unha tardorromana e, por riba, outra medieval (cf. aquí). Atopáronse restos de factoría de salazóns antiga, aínda que sen datar con precisión (cf. p. 38 de L. Lagóstena "La producción de salsas y conservas de pescado en la Hispania Romana ..., Part 3).
ARMADA, A (Galdo)
Unha "armada" remite a unha trampa para cazar animais.
AROI (Valcarría)
Este núcleo de poboación figura con este nome no dicionario de Madoz (séc. XIX).
A orixe deste topónimo estaría en (uilla) Aronii ou en (uilla) Aaroni, formas en xenitivo respectivamente de Aronius ou de Aaronus referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola).
O Nomenclator rexistra dous núcleos de poboación chamados "Arón", en Cedeira e en Cerdido, que terían a mesma orixe que este. O "Arón" de Cerdido figura atestado en 1473 como "Aroee", o cal confirma a orixe indicada.
Alternativamente, podería tratarse dun hidrónimo *arone, derivado da raíz paleoeuropea *er-/*or-. Esta é a orixe que propón Bascuas (cf. E. Bascuas, "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega": 26). No entanto, cremos que se pode rexeitar, pois os "Arón" e "Aroi" xistentes son núcleos de poboación, co que semella máis probábel proviren dunha forma en xenitivo indicando nome de posesor da uilla altomedieval.
ARREDOADA, A (Landrove)
Do verbo "arredoar", coas dúas acepcións: "rodear, ir arredor" e "redondear". De feito, neste caso dá nome a un lugar situado nunha curva, nun couce do terreo.
Este lugar en aparece atestado en 1763 como "casa deun alto al sitio da arredoada" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Julián de Landrobe...": 195). Tamén figura no dicionario de Madoz (séc. XIX).
ASNA, A (Landrove)
Este lugar aparece atestado en 1763 como "al sitio da asna" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Julián de Landrobe...": 151).
Alternativamente, pode derivar da raíz paleoeuropea *ap-s-, frecuente en hidrónimos (cf. p. 179 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
ÁSPERA, A (Magazos -lugar do Outeiro)
Alén da alusión a "terreo áspero", tamén se refire a terreo de bouza, ou terreo escarpado. Viría de "(terra) áspera", ou incluso do latín "aspera loca" (cf. A. Moralejo, 1977. "Toponimia gallega y leonesa": 306).
ATALAIA, A (Celeiro)
Unha "atalaia" é un lugar de vixilancia; neste caso sería de vixilancia para a captura das baleas e similares similares que entraban na ría.
Atalaia deriva do árabe aṭ-ṭalā’iʕ "os sentinelas"; temos a voz "atalaieiro" co sentido de "vixilante, outeador de baleas".
Hai topónimos "Atalaia" en toda a costa mariñá: en Viveiro, Xove, Burela, así como tamén en Bares.
A pesca da balea era común no Cantábrico desde antigo. Xa en 1286 hai documentada actividade baleeira no porto de Prioiro (Ferrol). Igualmente, Bares e San Cibrao aparecen citados en 1291.
Nos primeiros tempos, a actividade baleeira nas costas galegas era desenvolvida maiormente por pescadores vascos. No final do século XVI, os galegos xa desprazaran totalmente aos baleeiros vascos.
A captura intensiva neses séculos levaría á práctica extinción da especie nas costas galegas no final do século XVII, cesando a actividade baleeira costeira (cf. aquí).
Figura atestado no ano 1291 un préstamo aos baleeiros de Bares: "Et disso que pinnorara aos baleeyros de Vares vi çentos mor". Tamén figura en 1349 un "Johan Peres baleeyro", en Pontedeume, cando actúa de testemuña (cf. E. Cal. "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo").
AURÁ (San Pedro de Viveiro)
BALADÁS (Chavín)
De "Abeledás", plural de "abeledal", lugar con abelairas.
Aínda que as formacións con doble sufixo abundancial (-edo + -al) non son frecuentes, tampouco sería un caso excepcional, así "louredal", "toxedal", etc.
Existe outro "Baladás" en Valdoviño, así como un "Valadás" en Melide. A aférese nestes casos non é estraña, así "O Abelaedo", lugar do concello do Vicedo, é xeralmente pronunciado como "O 'belaedo".
O lugar xa aparece atestado como "Balea" no 1545 nun "apeo" do Mosteiro da Coalleira (cf. E. Cal, 1983. "El monasterio de san Miguel de la isla de la Colleira").
Dada a situación do lugar, non preto da costa, non alude directamente ao mamífero de dito nome. Non moi lonxe desta "Balea" atopamos o "Muíño da Balea", ao pé doutros muíños.
O topónimo debe provir dunha adxectivación como "A (terra) balea", indicando a súa pertenza a unha persoa apelidada Balea (ou alcumada Baleo). De feito, aparece un "Fernan Balea" nun documento de 1486, relativo a un foro a un veciño de Valcarría, do muíño sito en Portocelo (cf. E. Cal, "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo"). Este cóengo aparece tamén nun documento do 1471 como fiador (cf. E. Cal, "De Viveiro en la Edad Media", in Estudios Mindonienses nº 7).
Ver "A Valgueta".
Este rego está atestado no Catastro de Ensenada para Valcarría (1753) ao mencionar a existencia dun muíño "al sitio da Balsa".
F. Villar derívaa da raíz indoeuropea *bhel- 'branco, brillar', con extensión -s- (cf. "Indoeuropeos y no indoeuropeos en la Hispania prerromana": 299).
Debe remitir ao apelido ou alcume "Balseiro", dos antigos posesores do lugar. De feito este apelido xa está atestado en Galiza no século XIV (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos"). Reforza esta hipótese o feito de ser un apelido frecuente na Mariña e no Ortegal (cf. CAG).
Tamén podería aludir a un terreo cuberto de balsas ou charqueiras, aínda que non parece encaixar.
BANDEXA, A (Faro)
O topónimo "Bandexa", aínda que semelle un significado transparente, moi probablemente se trate dun hidrónimo de orixe prerromana indoeuropea.
En efecto, E. Bascuas e outros autores (V. Cocco, J. M. Blázquez) para topónimos como "Banduge" ("bandugium" en 1115, en Mesão Frio), derívanos da base hidronímica indoeuropea *band- 'gotear' (IEW 95) (cf. E. Bascuas, 2007. "Aquis Ocerensis .." in ""Paleohispánica", núm 7: 51) (aquí).
Este topónimo está presente tamén como hidrónimo no Valadouro e en Cervo.
BARALLA (Chavín)
BARALLA, A (Boimente, Galdo)
O topónimo Baralla ten un significado e unha orixe controversa. En Galiza atopamos unha chea de "A Baralla", "As Barallas", así como as formas diminutivas Barallo, Baralló e Baralloca, e incluso Barallobre, nome de castro.
Segundo M. Pidal, tanto Baralla como os portugueses Baralha e Baralhada, e mais os españois Baraja, Barajas, Barajores, Barajuén proceden de *varalia ‘tecido de varas, valado vexetal, sebe’, derivado de vara (cf. aquí). Alude, xa que logo, a un cercado. Esta etimoloxía parece encaixar, sendo un topónimo frecuente.
“Et si aliquis homo ad irrumpendum venerit vel venero contra hunc factum scrip-tum ad tibi, et Baralia suposuerit in primiter, sedeat scomunicatus et condenatus”.
A interpretación de orixe prerromana, con orixe na raíz indoeuropea *war- 'auga', tamén é plausíbel, tendo en conta a existencia de Baralloca, co típico sufixo prerromano -oca > -okka, e de Barallobre, coa terminación -bre que se asocia ao celta -briga 'fortificación'.
O lugar deste nome situado en Galdo aparece atestado en 1763 como "sitio da varalla" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 216). Tamén figura atestado no dicionario de Madoz (séc. XIX).
BARBEITO (Magazos)
O dicionario define "barbeito" como "terra de labor que se deixa descansar unha tempada sen sementar", ou tamén "terra de secaño".
BARGO, O (Faro, San Pedro de Viveiro -lugar do Barral)
Un "vargo" ou "bargo" designa unha laxe ou lousa delgada, por veces usada para separar fincas.
A orixe de "vargo" é prerromana, celta, o mesmo que en castelán várgano 'Cada uno de los palos o estacas dispuestos para construir una empalizada'. No medieval "Liber Testamentorum" da Catedral de Oviedo menciónase "facere sepes et varganos", o cal tamén apunta a unha clase de valado ou palizada.
BATÁN, O (Chavín, Galdo)
Os batáns ficaban ao pé dos ríos e ao funcionar facían gran ruído.
BASANTA, A (Covas)
Topónimo que remite a unha (agra/terra) de Basanta", sendo "Basanta" o apelido do posesor.
Ver "O Vellegal".
Topónimo que debe derivar do nome persoal Wittiricus ou Wittericus, que sería o antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval que tería existido nese lugar.
BICÁS, OS (Valcarría)
Probabelmente orixinado nun alcume, de "terreos dos bicás", referindo a un antigo posesor. Bicás sería plural de "bical", "bicudo, con moito bico". No entanto, parece improbable, dada a relativa frecuencia deste topónimo en toda a zona, como p. ex. en Cervo.
Indica un terreo onde abundan os bidueiros.
BIMBIAL, O (Valcarría)
De "vimbial", lugar onde abundan os vimbes, vimes.
BOIBAL, O (San Pedro de Viveiro)
Este lugar aparece atestado en 1764 como "alsitio do Boibal"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 273).
Alternativamente, rexístrase "bovia" como apelativo e topónimo, en Asturias e León, como ‘paso natural entre montes' (cf. G. Álvarez, "El habla de Babia y Ladana", in Revista de Filología Española. Anejo XLIX. 1949). Garvens alega referencias documentais medievais ("illa bouia de Calabro", "illa bouia de Rouredo").
Canto ao significado, segundo esta acepción astur-leonesa, Concepción Suárez menciona o topónimo asturiano "La Boya" (Parana), ‘pastos altos de verano ya en el límite con Aller’. O significado sería ben o de ‘pastos, prados’ ou ben o de ‘paso entre montes, cole’. As dúas etimoloxías propostas son, por un lado a de Garvens, que parte dun elemento prerromano *bob ‘oco’, e que explicaría o significado de ‘pasaxe, porto’ (cf. F. Garvens, "Die vorrömische Toponymie Nordspaniens". 1961). Por outro lado, X. L. García e X. Concepción relaciónano co latín bove ‘boi’. Cf. aquí.
Existe tamén "O barranco do Boibal" e as "Penas do Boival" no Cadramón (O Valadouro).
BOIMENTE (Boimente)
No século XVIII atopámolo atestado como "Boiménte" (cf. aquí "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
BOIRA (Chavín)
No dicionario "boira" ten dúas acepcións: a de "pequena poza que forma a choiva nos terreos sementados" e a de "néboa".
Tanto a "Boiro" como ao cognado portugués "Bouro" tradicionalmente élle asignada orixe xermánica; así, Piel derívao do gótico ou suevo *bûr 'casa', abundante na toponimia francesa (Cf. J. M. Piel, "Os nomes germânicos na toponímina portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo III: 233).
Da mesma opinión é M. Costa, que o deriva do suevo *būrjō (v. Ostgermanisch, G. Köbler, "Gotisches Wörterbuch"), do protoxermánico *būram 'casa, cuarto' (cf. "Frornarea").
Por outro lado, tendo en conta o significado do apelativo "boira" mencionado previamente, cremos que non se pode descartar a orixe nun hidrónimo, podería vir dun antigo *buria, compartindo orixe co topónimo "Burela", tal como postulamos no blog sobre toponimia de Burela (ver aquí).
BORRALLEIROS (Vieiro)
Este núcleo de poboación, se observamos a microtoponimia do lugar, vemos que queda na zona de fincas chamada Borralleira. O máis probábel é que "Borralleiros" remita aos habitantes do lugar da Borralleira, que sería o nome orixinal.
"Lugar onde se queima a mata e a rama e onde queda depositada a cinza, que vai servir de fertilizante".
BORREIROS (Galdo)
.."un lagar deestruxar Borras dezera"...
BOSTELO (Viveiro)
BUSTELO (Viveiro)
Bustelo é o diminutivo de "busto", designando un lugar para pasto, "rabaño de gando vacún" ou "curral de bois e vacas".
O lingüista Joseph Piel matizou que especialmente se refire a “pastos altos, pastos de verán”, citando a Sarmiento, que xa adiantaba as mesmas ideas.
Gonzalo Navaza, na súa Toponimia de Catoira, di que os topónimos "Busto" e "Bustelo" naceron na Alta Idade Media como granxas ao cargo dunha familia de servos que coidaba os rabaños dun señor. Neste sentido, e seguindo a J. J. Moralejo, Miguel Costa deriva bustum do composto proto-céltico *bou-st-om 'estancia (para/de) vacas' (cf. Frornarea), este á súa vez da raíz indoeuropea *gwōw 'vaca' (IEW: 482).
BRIEIRO, O (Faro)
No entanto, cremos que, dada a situación do lugar, non propicio para os xuncais, encaixa mellor interpretalo como "(camiño) vrieiro", de "vrea" 'vereda', camiño ancho. Esta acepción de "brieiro" xa a rexistrou Sarmiento no séc. XVIII:
BRIÓN, O (Valcarría)
Este termo, o mesmo que "brieira" e "brieiro", podería aludir a "xuncal, xunqueira". É palabra de orixe prerromana.
E. Bascuas remíteo a unha raíz fitonímica, a mesma presente no topónimo medieval Vallis Bria, actual "A Valoría" (Mondoñedo), ligado ao tema *brī-, relacionado á súa vez coa forma céltica *brei-no- 'xunco, espadana', reconstruída como tal por Coromines (cf. pp. 423-490 de E. Bascuas, 2001, "Mondoñedo y Valoría", in "Estudios Mindonienses", n. 17). Esta opinión é compartida tamén por P. Martínez Lema. Cf. aquí.
Pola súa banda, Cabeza Quiles asígnalle unha orixe celta, con significado de 'castro, altura fortificada', talvez dun *brigonem (cf. F. Cabeza, "A toponimia celta de Galicia". 2014). No entanto, tamén recolle algunhas das interpretacións alternativas citadas seguidamente:
F. Villar (1995) postula unha orixe no elemento céltico *brig- "altura, elevación". Porén, Bascuas descartou que tivese que ver con *briga. De feito, indica o exemplo de Brión (Ferrol), para o que a documentación medieval cita como “Briaria que fuit de fratribus…”.
Abundan os topónimos "Brión" por toda Galiza, tais como o concello de Brión, e lugares en Boiro, en Ferrol, en Bergantiños, en Rianxo, en Outes. É un topónimo xa documentado no século IX como Brione, e no século XII como Brion ou Briom.
BUDUAL (Galdo)
Aínda que non figura nos dicionarios de galego, si se conserva no castelán-leonés a forma cognada "bodonal", co significado de ‘zona húmida, charca, terreo enlamado, xunqueira’, cunha presenza en numerosos puntos das provincias de Zamora e Salamanca, "pero no en Castilla" (cf. P. Riesco, 2011. "Testimonios toponímicos del léxico arcaico de las provincias leonesas).
Tendo en conta que en castelán están atestados bodenal e bodonal como '', e sendo bodonal o cognado deste "budual", parece ser esta a interpretación máis plausible. En efecto, as mencionadas formas castelás bodenal e bodonal 'terreno encenagado' foron analizadas por Corominas, así como as galegas "bodial", "budueda", que terían igual significado, simplemente muda o sufixo abundancial usado.
Xa que logo, "Budual" alude a unha "zona húmida, charca, terreo enlamado", talvez con abundancia de xuncos, xunza ou similares.
Atopamos tamén "Bodoedo" en Xove, que tería a mesma orixe.
BUIO, O (Boimente)
A orixe deste topónimo é controversa.
E. Rivas e J. M González falan dunha raíz hidronímica celta *bed-, *bud-.
Podería estar relacionado con "Buño", coa mesma evolución que as parellas Troia e Troña, Baio e Baño (cf. E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia". 2006).
O topónimo "Buio" é relativamente frecuente, así o atopamos, por exemplo, en Burela.
BURGO, O (Faro)
Este termo usábase na Idade Media para nomear un núcleo formado arredor dun castelo ou dunha cidade amurallada; posteriormente pasou a designar unha aldea ou vila pequena, dependente doutra maior ou máis importante, que ficaba próxima (cf. "Gran Diccionario Xerais da Lingua". 2000).
CABANDELA, A (Viveiro)
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outra Cabandela en Xove.
"Apertura lateral numa presa de regadio ou de moinho, frequentemente provida de comporta, para deixar sair a água".
Diminutivo de "cácavo", do latín caccabus "pota", por analoxía coa orografía do lugar, depresión, o fondo dun monte.
O nome "cacheiro" podería estar relacionado con "terreo de mato, de monte, que se roza e queima para sementar trigo ou centeo". Di Sarmiento:
Cachar significa rozar y quemar un terreno lleno de matorrales para sembrar en él centeno o trigo. Cachada es esa heredad y cacheira un terreno muy espacioso para el mismo fin.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra "Cacheiro" en varios lugares próximos, como no concello do Vicedo; no de Mañón existe "As Cachizas", que podería estar relacionado.
CACHÓN, O (Covas, Faro, Galdo)
O nome "cachón" designa unha "fervenza de auga", "cascada".
O dicionario define "cachopa" como "toro (tronco) groso e vello, ben aínda en pé ou xa cortado". O topónimo indicaría, por tanto, un lugar onde había cachopas.
Aínda que "cachopa" teña tamén a acepción de "ama de casa", é descartable, pois a súa presenza como topónimo sería como alcume, e non xustificaría a abundancia de topónimos "cachopa" en Galiza.
CADAVAL, O (Covas, Magazos)
Lugar onde abundan os cádavos:"toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en pé". Cf. DdD.
CAL de MORÁS (Valcarría)
Cal das amoreiras. Morás é o plural de "moral", onde hai "amoreiras".
Tamén pode provir de (fundu/uilla) Mauranis, referindo ao nome do antigo poseedor medieval do lugar.
CALEIRA, A (Chavín)
Este topónimo, frecuente en Galiza, indica un "lugar onde se extrae o cal, ou forno onde se queima o cal". Cf. DdD.
Aínda que o apelativo "caleira" tamén corresponde co nome dunha planta, é improbable que sexa esta a motivación, sería estraño tal frecuencia de topónimos referidos ao nome dunha planta sen uso especialmente relevante. Aínda máis sendo o nome en singular, referindo por tanto á presenza dunha única planta.
Este lugar xa aparece no Dicionario de Madoz (1845-1850) con este mesmo nome.
Referido á existencia de cruces, ligadas ao culto do Via Crucis, o cal é evidente no Calvario do Adro de Galdo.
CALVO, O (San Pedro de Viveiro)
CALVOS, OS (Covas)
Tanto "Calvo" como "Calvelo", Calvela, Calvoso e Calveira remiten a un lugar sen vexetación arbórea ou arbustiva.
Topónimo transparente, aludindo a un camiño empedrado que pasaría por este lugar.
CAMBELA, A (San Pedro de Viveiro, Valcarría e Magazos)
Unha "cambela" é un pau retorto. Por extensión, un arado antigo.
Unha orixe alternativa sería do diminutivo de "camba".
Podería referirse a un alcume de antiga propietaria (ou propietario: "O da Cambela").
Un "cachón" é sinónimo de "fervenza", augas que caen en cascada.
CAMPELAS, AS (Boimente)
A voz "campela" é o diminutivo de "campa", derivado de "campo". O dicionario de Constantino García recolle "campela" como "camposa" e tamén como "prado pequeno".
Se a interpretamos puramente coa acepción de "campa" en diminutivo, entón pode aludir a unha pequena "campiña no monte".
CAMPO de ARCA (Valcarría)
CAMPO de VERDES (Viveiro)
.. "al sitio de birdial de berdes"...
CAMPO DO BASOI (Magazos)
CAMPO DO BISPO, O (Landrove)
O termo "Bispo", do latín episcopus, pode deberse ao uso deste como alcume ou tamén, alternativamente, puido aludir á antiga pertenza á xurisdición episcopal.
É tamén preciso ter en conta que o termo "Bispo" como elemento onomástico persoal é frecuente na documentación altomedieval (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
O termo "boi" neste topónimo pode provir do significado obvio, e por tanto podería indicar algo como "campo onde pacen os bois". Alternativamente, tamén pode provir da raíz pre-latina *boi-, "rocha, pedra", e por tanto significaría "campo das pedras".
O termo "campón" indica un prado de secano de moita extensión. Cf. DdD.
"Es tan continuadamente fecunda como la mielga y tan útil para las caballerías y ganado vacuno como ella. Llámase millán o millá, y en portugués, según Bluteau, milhaã". De ella dice: He o verde dos bois e bestas, de agosto até os santos”..
CANCELAS, AS (Chavín)
En paralelo á súa vixencia, o apelativo "cancela" cristalizou na toponimia ben cedo. Atopámolo como topónimo, a modo de exemplo, nun documento de 1399:
" .. outro tarreo que faz na cancela de Goente .."
Eladio Rodríguez, a respecto das cancelas, fai no seu dicionario un comentario etnográfico indicando a crenza de que antigamente se reunían as almas dos defuntos xunto delas e por iso non se pechan con violencia, para non mancar os espíritos que veñen do máis alá (cf. DdD).
Os termos "abrotia", "abrótea" ou "abrótega" designan unha planta herbácea medicinal e ornamental, da familia das liliáceas.
Aínda que poidese parecer estraña a referencia a esta planta, este topónimo non é un caso illado: así atopamos "A Chaira das Abrotias" en Lobios (Ourense), "A Chan das Abrotias" na Lama (Pontevedra), ou "A Revolta das Abrótegas" en Aranga (A Coruña).
De "candos albares", e por tanto, "retoños de castaños moi claros", pois un "cando", segundo o dicionario, designa un "retoño grande do castaño". Tamén está documentados "toxo albar" e "rebolo albar" (cf. DdD).
Segundo G. Navaza, o termo "cando" en xeral designa "póla seca", "vara para alumar", "pau queimado", "guizo, chamizo" (cf. aquí). Canto á etimoloxía, é discutíbel, aínda que parece remontar á raíz indoeuropea *(s)kand- 'resplandecer, brillar', 'lúa', como no lat. candeo "brillar", "arder" e os seus derivados, como "acender", "candela". Partindo desta raíz postulouse un elemento céltico *kando-, e kandanos, do que derivaría o asturiano cándano e o galego "cando".
Existen en Galicia multitude de topónimos relacionados: Candaedo, Candaendo, a Canda, o Candal, Candaoso, Candaosa, etc. En Asturias, León e Zamora existen as formas correspondentes Cándano, Cándana, Candanal.
CANDAOSO, O (Boimente -lugar do Buio)
Garabullal, lugar onde hai "candos" ("garabullos", "guizos"). Cf. aquí.
Ver "Candalbares" para máis información sobre o termo "cando".
CANDORCAS, AS (Chavín -lugar das Cabeceiras)
Este topónimo é relativamente frecuente en Galiza.
O termo "Candorca" probablemente derive de "cand-" + "orca".
O termo "cando", segundo G. Navaza, designa en xeral "póla seca", "vara para alumar", "pau queimado"(cf. aquí). Abondan, así, os topónimos "Candaedo" e similares.
Parece derivar dunha raíz indoeuropea *(s)kand- 'resplandecer, brillar', como no lat. candeo "brillar", "arder". Partindo desta raíz, postulouse un elemento céltico *kando-, e *kándanos, do que derivaría "cando".
A respecto do elemento -orca, Gª de Diego suxeriu que podía ser un adxectivo ‘cóncavo, profundo’, que ocasionalmente adquiría valor sustantivo ‘cova, sima’. Almeida Fernandes relaciona -orca con ‘dolmen’ (cf. aquí). Cremos que, tendo en conta a súa representacion nos topónimos galegos, como "Pandorca", "Candorca", "Cavorca" ('barranco profundo'), "Cañorca", "Lamborca", así como en portugueses como "Palorca", tórnase bastante probable ese significado de "sima, barranco".
En concreto, o topónimo "Candorca" parece confirmar que, na maioría destes topónimos, o primeiro elemento é adxectival, e o apelativo é orca: "cand-" ten sentido como 'brillante', e o feito de ir "-orca" en feminino, parece apuntar a que non é sufixo ou adxectivo, pois nese caso, sendo asociada a "cando", sería candorco.
É importante notar que se pode descartar unha orixe no apelativo "candorca" 'orca, cetáceo' e tamén 'muller grosa e suxa': aínda que nun topónimo podería encaixar como alcume, é improbable se temos en conta a relativa frecuencia deste topónimo. Máis improbable aínda unha vez que vemos a frecuencia dos topónimos en -orca/-orco.
Este lugar aparece no Dicionario de Madoz (1845-1850) con este mesmo nome.
Este lugar aparece atestado en 1764 como "alsitio do Cando bello"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 158). Aparece no Dicionario de Madoz (1845-1850) con nome "CANDO BELLO".
Ver CANDALBARES para máis información sobre o termo "cando".
Este lugar aparece atestado en 1764 como "alsitio do Caneiro"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 163).
Os "caneiros" xa foron definidos por Sarmiento como "los canales de los ríos para la pesca" (M. Sarmiento (1746-1755c): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega").
O dicionario de M. Valladares (1884, "Diccionario gallego-castellano") dálle un sentido máis específico, que talvez fose o caso:
"Canal de pesca, compuesto ordinariamente de dos muros, ó estacadas, llamados guiares : muros, ó estacadas, que desde las opuestas orillas de un rio convergen en determinado punto del mismo, formando angulo, en cuyo vértice hay uno ó mas boquetes, para colocar las redes que son á manera de manga y destinadas por lo regular, á coger anguilas.
CANGAS (Celeiro)
Este lugar aparece atestado no Dicionario de Madoz (1845-1850) con este mesmo nome.
O dicionario define "canga" como "xugo", e tamén como "pau atravesado nun camiño, que dificulta o tránsito", "pau en forma de gallo, na parte dianteira do chedeiro, que ten como finalidade evitar que a carga do carro caia sobre os animais que tiran del" (cf. RAG).
Remitiría a un "vale cerrado entre montañas", metaforicamente asociado ao apelativo "canga" 'xugo'. Este significado aínda se conserva para o apelativo "canga" en Asturias (cf. X. L. García aquí).
Como curiosidade, esta metáfora de "canga" é análoga á do inglés saddle 'sela de montar', no sentido de 'paso entre montes, portela'.
Canto á etimoloxía, varios autores, entre eles Cabeza Quiles, X. L. García Arias (cf. aquí), asígnanlle unha orixe en *cámbica, da raíz céltica *cam(b)- 'curvo'.
Os topónimos "Cangas" son frecuentes na xeografía galega e asturiana, así atopamos outro Cangas próximo en Foz. O topónimo Cangas de Asturias aparece documentado no ano 883: "Primum in Asturias Pelagius regnauit in Canicas anjiis XVIII" (cf. Crónica Albeldense). Probablemente sexa unha errónea latinización do escriba, pois se fose a pronuncia real, non proviría de *Cambicas.
Alternativamente hai quen defende, seguindo a Menéndez Pidal, unha orixe metafórica no latín canna 'cana, canaveira', do que podería ter derivado o castelán cañada 'espazo de terra entre dúas elevacións próximas'.
CANIDO, O (Faro -lugar do Monte Faro)
O mesmo que "canedo", remite a lugar onde abundan as "canas" (canaveiras).
Referido a unha persoa de apelido "Canoura", frecuente na Mariña luguesa (cf. CAG).
O apelativo "canoura" designa, en galego e en portugués, a "caixa por onde cae a gra sobre a pedra do muíño".
CANTARRANA (Covas)
Os topónimos "Cantalarrana" e "Cantarrana" abundan por toda a xeografía galega, tanto para núcleos de poboación como de terras. O topónimo Cantalarrana non só abunda en Galiza mais tamén por toda a xeografía española.
O significado directo do topónimo é transparente: un composto do verbo cantar e o zoónimo castelán rana ‘ra’.
Estes topónimo non son, por tanto, topónimos patrimoniais galegos, senón que deberon aparecer tardiamente, nacendo xa coa forma en castelán.
Amais das localidades chamadas Cantalarrana tamén atopamos as correspondentes formas galegas Cantarrá en Mugardos e Ribadeo, así como Cantarrán en Salvaterra de Miño. Estas formas galegas semella seren recentes, probablemente a partir doutros Cantalarrana.
López Boullón, menciona documentación de 1664 dunha Cantalarran para unha herdade en Outes, así como nun documento de 1582 para unha rúa coruñesa de "Canta la Rana" (cf. Xosé R. López, "Toponimia de Ames").
López Boullón postula que, tendo en conta o feito de moitos dos microtopónimos Cantalarrana galegos seren
'lugares próximos á igrexa parroquial, ou incluídos nas súas propiedades (ademais de húmidos, aptos para verse poboados polas ras que xustifican o nome) pode facer pensar que foron os párrocos os que difundiron este nome castelán “de repertorio” na toponimia rural galega a partir do século XVI'.
CAPELUDO (Faro)
Os dicionarios rexistran para "capeludo" a acepción de "con forma de capucha, parecido á capela dos frades" (cf. X. L. Franco (1972). "Diccionario galego-castelán").
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra cinco "Capeludo(s)", todos eles no curuto de monte ou preto del, excepto dous referidos a petóns costeiros.
No caso que nos ocupa, queda ao pé dun monte redondeado. Ocorreo o mesmo que con Faro, que toma o nome do monte do cal queda ao pé del.
Os varios "Capelada" que atopamos na xeografía galega tamén terían igual significado.
CARABULLO, O (Viveiro)
O mesmo que "garabullo", "pau delgado". Probabelmente aluda ao alcume dun antigo posesor.
Unha "carballa" designa un carballo grande, centenario.
Un "carballal" fai referencia un lugar poboado de carballos.
O apelativo "carballo" é de orixe prerromana. O correspondente termo en latín robur non perdurou no galego, excepto na toponimia, na que si se conserva a forma "reboredo", co mesmo significado que "carballeda" e "carballal".
Este lugar aparece atestado en 1764 como "alsitio de Carcaboi"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 152).
Indica lugar onde abunda a planta chamada "carrizo". Algunhas veces pode ser relativo a outra planta, o "carrasco".
O correspondente de Covas aparece con este mesmo nome no Catastro de Ensenada para Covas (1753) ao establecer os límites da freguesía, así como no posterior Dicionario de Madoz (séc. XIX) .
CARRAPITO (Galdo)
Debe aludir ao alcume dun antigo posesor deste predio, xa que "carrapito", por extensión, refírese a "home pequeno".
" Petri Parentis canonici, Petrus Martini dictus carrapito armiger, " a. 1268 Tombo Oseira (CODOLGA).
Parece, en calquer caso, tratarse dunha palabra de orixe prerromana, tanto pola raíz (talvez *car- "duro", cf. "carballo", "carranco"?), canto polo sufixo -ota. A estudar estaría a relación con "carracha" e "carrapata" (aragonés carrachina 'caracol'), e incluso con "esgaravello" e "escarapote", talvez en relación co valenciano escarraman, o francés escargot o inglés crab e o alemán krebiz, todos relacionados pola súa forma arácnida.
É interesante a existencia do topónimo "Carrapito" en Galdo, posiblemente relacionado con este.
CASA DO CAMBEIRO, A (Covas)
O apelativo "cambeiro" presente no galego varias acepcións. A que encaixa no contexto toponímico é a de "persoa que fai ou vende cambas para os carros", recollida no dicionario de Eladio Rodríguez (cf DdD).
CASEIRO, O (Viveiro)
Topónimo que alude á condición de "caseiro" que tería o dono ou alugueiro do predio. A voz caseiro remite a unha "persoa que traballa a medias ou como alugueiro as terras dun amo ou que coida dos bens dunha persoa ausente" (cf. DRAG).
CASILLA, A (Celeiro)
O nome "casilla", é un castelanismo por "caseta", "garita" Este termo foi introducido a partir do século XIX para designar as vivendas destinadas aos camiñeiros, encargados da conservación das estradas.
En efecto, as "casillas" xurdiron a partir da Circular de 26 de febreiro de 1852 e o Real Decreto de 25 de xuño do mesmo ano. Foron construídas nas estradas principais, xeralmente fóra das poboacións, para evitar "compadreos" coas persoas que probablemente os camiñeiros tivesen que denunciar algunha vez. De aí probablemente que aparezan na toponimia, pois serían o xerme de novos núcleos de poboación que tomarían ese nome.
É un topónimo moi estendido en Galiza. É de notar que, nalgúns dos casos, alude á existencia dun dolmen, como sinónimo de "forno dos mouros".
As voces e topónimos "carruceiro", "carrouceira" foron tratados por varios estudosos. Gonzalo Navaza, na súa obra "Fitotoponimia Galega" , resume a confluencia das voces relativas á árbore que produce un tipo de mazá brava, xa referida por Sarmiento (e recollida por J. L. Pensado), coa voz "carrouceira" recollida por Sobreira e que refire a unha "mata de carrizo". J. M. Piel remite "carroceiro" a "carrizo", o mesmo que J. L. Pensado. Para máis detalles, ver páx. 146, G. Navaza, 2006, "Fitotoponimia Galega".
CASAL, O (Celeiro -lugar de Roufelle, Valcarría -lugar do Alvo)
Casal, do latín casalem, designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
CASCALLAR (Covas)
O mesmo que cascabullal, "lugar con cascallo".
CASÓS, OS (Valcarría)
Plural de "casón", aumentativo de "casa".
Posiblemente "casón" deba interpretarse como aludindo a unha "casa grande", no sentido de "casa señorial". Ao non ser este lugar un núcleo de poboación, é posible que aluda ao lugar dos propietarios do predio.
CASTELO, O (Celeiro, Faro -lugar da Aldea, Galdo, Landrove, Magazos, Vieiro)
Topónimo con orixe na palabra latina castellum ‘forte, reduto’, diminutivo de castrum ‘campamento fortificado’. É un topónimo moi frecuente en Galiza.
A motivación deste topónimo pode vir tanto dunha fortificación medieval como por unha aplicación metafórica para nomear un outeiro do terreo, houbese ou non algún tipo de fortificación. Os vestixios de castros prehistóricos tamén reciben este nome, polo xeral ao estaren situados en lugares elevados no terreo, non por unha referencia a unha entidade xeográfica ou étnica dos pobos da Gallaecia durante a administración romana.
CASTRAMIL (Boimente)
Dada localización na que se sitúa, pode aludir a un Castru Miri, castro pertencente a Mirus, nome persoal (e hipocorístico) de orixe xermánica.
En calquera das dúas interpretacións, o que queda claro é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
CASTRILLÓN (Covas)
Derivado de "castro". Aludiría a antiga existencia dun castro, aínda que por veces refire simplemente a un lugar elevado na paisaxe. Así, o dicionario de Eladio Rodríguez define castrillón como
"vocablo toponímico de Galicia, que es aumentativo de castro y significa monte alto, eminencia, altura o elevación del terreno" (cf. DdD).
Está atestado en 1762 "al sitio de Castrillon" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Juan de Coba ...": 399).
CASTRO, O (San Pedro)
CATADOIRO, O (Vieiro)
Poderían vir de captatoriam / captatorium, aludindo a un lugar de "observación" ou de "caza". Son topónimos relativamente frecuentes en Galiza.
Ver blog Pena da Cataverna para outras interpretacións.
CATAROU (Galdo)
Este lugar está atestado xa nun documento de 1124 :
" .. sancta Maria de Aurol et quatuor hermidas sanctus Iulianus de Catarou sanctus Michael de Sauto sanctus Michael de Sauro .." (CDMACM 11: 26)
O topónimo "Catarou" probablemente teña unha orixe prelatina, nun elemento *kat(t)-. Ver blog Pena da Cataverna para máis detalles.
En Catarou foi catalogada unha pedrafita (menhir). Cf. aquí.
Nicandro Ares, aínda asignándolle orixe descoñecida, indica a hipótese dun apelido, e cita o exemplo de "Domingo de Catarrón" (cf. N. Ares,"Estudos de toponimia galega". 2011).
En calquera caso, pódese aventurar para "Catarou" unha forma antiga *Catarone, que evolucionaría do mesmo modo que o topónimo Simou deriva de Simone. Ademais, reparando na existencia de "Catarón" en Sobrado e "El Catarón" en Sanabria, semella máis probable *Catarone. Tamén está atestado o nome persoal "Cataronus" en Francia no 1044 (cf. aquí)
No dicionario de Madoz (séc. XIX) figura como "ABELLEIRO DE CATARON", co que semella que aínda había na pronuncia certa vacilación entre Catarou e Catarón.
Existen outros topónimos "Catarou" no Aparral (As Pontes) e en Santa Cilla (Foz), así como un "Catarón" en Sobrado e "El Catarón" en Sanabria (Zamora).
CAXIGAL, O (San Pedro de Viveiro)
CAXIGÁS, OS (Chavín -lugar das Cabeceiras de Chavín)
Referencia a un lugar no que abunda a árbore chamada caxigo (quercus faginea).
Na Idade Media, estas construcións eran parte do entorno dunha casa rural, granxa ou entidade monástica. A súa función era de lugares para a conservación e procesamento de produtos, maiormente cereais e viño, para o cal dispoñían de arcas para gardar a gra e cubas para gardar o viño (cf. p. 201, X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Hai autores que postulan se os "celeiro" poderían facer referencia aos hórreos de tipoloxía galega. A documentación medieval existente fai rexeitar esta suposición, se ben, tal como indica Xaime Varela, nalgúns casos poderían ter esta acepción, e de feito actualmente "celeiro" pode ser sinónimo de "hórreo" na lingua galega (cf. p. 202, X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Santiago de Celeiro figura atestado nun documento de 1128 como "S. Jacobus de Cellario". Cf. aquí.
Máis tarde, nun documento de 1485 en castelán xa aparece o nome semicastelanizado nun documento como "Çelero":
".. las dichas feligresias de Fozdouro et Burela et Lieyro et Portezelo et Çelero .." (cf. E. Cal. "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo").
Houbo tamén outro Celeiro en S. Pedro (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 425).
CELEIRIÑO, O (Celeiro)
Diminutivo de "celeiro". Podería indicar a antiga existencia dun pequeno celeiro ("hórreo"), ou alternativamente, simplemente que tomase o diminutivo do nome da parroquia á cal pertence.
Ver "Celeiro" para máis detalles.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outro O Celeiriño en Vilapol (Portocelo, Xove).
CERNADA, A (Vieiro, Galdo)
O termo "cernada" viría do latín (terra) cinerata 'terra queimada' (cf. DdD). Tería relación con sitios de monte onde se facían actividades de "roza": facían borralladas ao queimaren os toxos e outros arbustos, que servían de abono para logo plantar o cereal (maiormente centeo).
Di Risco:
"Nas terras de montaña, vese ao lonxe polo vrau arder o monte en moitos lados, dando de día un basto fume azul que vai empardecendo conforme sube, e véndose de noite as luces e o resprandor das flamas baixas, coma se estiveran acendendo braseiros eiquí e acolá. Ollando ao lonxe, as máis das veces é o fume o único que se move na calma azul da largancía". Vicente Risco, "Terra de Melide".
O lugar deste nomeaparece atestado en 1763 como "sitio dezepetal" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 709).
Existe outro "O Cepetal" en Muras.
CHAO DA BESURA, O (Galdo)
Voz derivada de "vesar", "arar profundamente, virando a terra, de modo que a tona e o terrón vaian para o fondo do rego". Cf. RAG.
Alternativamente de "avesura", relativo a lugar vesío.
CHAO DA GRAÑA, O (Galdo)
O termo "graña" ven do latín grania, granxa agrícola. Máis tarde chegaría a palabra "granxa".
É interesante resaltar que estas "grañas" eran moitas veces dependentes dun mosteiro, para o cal producían alimentos.
CHAO DA RASA, O (Boimente)
Ver "As Rasas".
CHAO DO TESOURO, O (Boimente -lugar do Buio)
Podemos interpretalo como topónimo xocoso, aludindo á riqueza da terra, ou máis ben, máis probablemente, o descubrimento (real ou lendario) dun tesouro.
En efecto, os topónimos deste tipo foron estudados detalladamente para outras áreas peninsulares por Gordón e Ruhstaller, concluíndo que é un claro e fiable indicador arqueolóxico. De feito, aportan unha longa listaxe de topónimos Tesoro e Tesorillo nos que se atoparon sitios arqueolóxicos (cf. M. D. Gordón e S. Ruhstaller, 1991. "Estudio léxico-semántico de los nombres de lugar onubenses" in Toponimia y arqueología, Sevilla).
Por exemplo, no caso d"O Tesouro" en Foz, hai unha mámoa na zona, polo que indica o doscobrimento, real ou lexendario, dun tesouro dentro da mámoa ou perto dela. Unha parte moi importante das mámoas de Galiza presentan un "cono de violación", foron escavadas á busca de tesouros. Neste caso, parece que o atoparon.
De *(uilla) Flavinii, forma en xenitivo referida ao posesor co nome de orixe latina Flavinus, hipocorístico de Flavius.
CHOIA (Chavín)
A orixe do topónimo deste núcleo de poboación é incerto. O Nomenclator rexistra en Galiza outras dúas entidades de poboación A Choia (Mourentán, Arbo, Po), Choias (Artes, Carballo, A Co), así como preto de trinta instancias na microtoponimia, nas catro provincias. Aparece maioritariamente coas forma A Choia, As Choias, en singular e plural, sempre con artigo, excepto neste caso Choia de Viveiro e en Choias (Carballo).
Pensamos que é igualmente descartábel a hipótese de Nicandro Ares de que aluda á ave dese nome (cf. "Estudos de toponimia galega". N. Ares, 2011): é moi infrecuente o uso dun nome de ave en singular nun topónimo, e aínda menos coa relativa frecuencia coa que ocorre.
A falta doutra hipótese, podemos pensar en que remita ao alcume dunha antiga posesora do lugar, sendo "choia" un apelativo para muller pequena e tamén para muller murmuradora, por analoxía co paxaro dese nome. De feito, xa está atestado como alcume no séc XIV:
“dauan poder conprido a Xemeno Choya pero fazer prol per la orden sobredita” VeFD. I, 67; id. “e de Pero Choya” a. 1309 (cf. M. González, 2006. "O Vocabulario histórico do galego do profesor J. L. Pensado").
CHOUPÍN (Vieiro -lugar da Silvarosa)
Ver "COVELO".
COÍDO, O (Covas)
Un coído designa un conxunto de coios, "pelouros".
COMIÑOS (Covas)
Podería aludir á planta "comiño", nome de planta umbelífera e dunha herba cheirona, tal como indica Nicandro Ares.
CONDOMIÑA, A (Landrove)
CONDOMIÑAS (Boimente)
Referencia a "terras condominias", en condominio, do latín medieval condominia, plural de condomĭnĭum ‘condominio, terra de dominio compartido entre varios donos, señores ou posesores’.
CONGOSTRA, A (varias)
CONGOSTRAS, AS (Covas)
Na toponimia galega abundan as "congostras", camiños angostos, entre valados ou ribazos, escavados no terreo, e estreitos, para paso de xente ou carros. Pode ser sinónimo de "corga, córrego".
A palabra vén do latín congusta 'estreita' (DdD).
CORA (Valcarría)
Este núcleo de poboación xa aparece atestado nun documento de 1419:
" .. Gonçaluo Yanes de Cora .."
Outra interpretación sería a de "lugar de cora", co sentido de "lugar onde se realiza a actividade da cora", actividade de dar cor aos tecidos. É unha palabra tamén existente en portugués con este significado.
Existe outro "A Cora" no Pereiro (Alfoz), así como a freguesía de Cora, na Estrada (Pontevedra)
CORGOS (Faro -lugar de Area)
Os dicionarios rexistran "corgo" con varias acepcións, maiormente como "poza, charca", e nun sentido relacionado "pequenas foxas onde apoza a auga". Tén ademais o significado especializado de "poza onde se curte o liño" (cf. DdD).
Aínda que ten tamén a acepción menos estendida de "corga, corredoira", neste topónimo en plural non encaixa, non ten sentido que haxa un conxunto de corredoiras.
CORNA, A (Landrove)
CORNIDOS, OS (Boimente)
Os topónimos Corno, Corna, Cornido e similares son relativamente frecuentes en Galiza.
Seguindo a Navaza, para topónimos similares apunta a un termo derivado de "corno" nun sentido metafórico orográfico (cf. G. Navaza, 2006, "Fitotoponimia galega").
De feito, isto é patente no nome dalgúns cons costeiros, chamados "O Corno" (e.g. uns existentes en Ribadeo).
Por outro lado, se fose referido a lugar pedregoso ou prominente, tamén podemos pensar no tema prerromano *kor-n- 'pedra, altura rochosa, prominencia'.
Igualmente, Cabeza Quiles interpreta os topónimos de raíz Corn-, Carn- como de orixe céltica ou precéltica, derivado do tema *kar- 'pedra, zona rochosa' (cf. F. Cabeza, 2014. "A toponimia celta de Galicia").
Elixio Rivas postula unha KAR ‘rocha’, alternando con KARN/KORN, e deriva dela topónimos como Cornide, Corno ou Cornecho, cun significado de 'esquina, corrucho ou punta dun obxecto'.
Sexa como for a súa etimoloxía, a motivación sería quer a de "prominencia, probablemente rochosa", ou tamén a alusión metafórica á superficie do terreo, sen implicar prominencias en vertical.
CORTIÑA, A (Valcarría -lugar de Seixas Blancas)
Do latín tardío cohors ‘sitio cerrado’, do cal derivou cohortina ‘cortiña’ e cohorticulu ‘cortello’.
As cortiñas son leiras que orixinariamente estaban pechadas, situadas preto da aldea, eidos traballados e estercados nos que se plantan legumes e hortalizas.
COSQUEIRO, O (Boimente)
O nome "cosqueiro" significa en galego a envolvente de certas sementes ou froitos (do millo, do liño, cas castañas). Porén, a asociación deste significado cun topónimo é incerta.
COSENDE (Covas)
O termo "costoira" provén do latín medieval custodiaria 'atalaia', 'posto de observación'. Hai varios topónimos con este nome e tamén coa variante "costoura". Tamén existen os topónimos "Costoia", que neste caso derivan de custodia.
Para máis detalles, ver entrada en blog Pena da Cataverna.
COTO DO MALLÓN, O (Galdo)
O dicionario define "mallón" como "cómaro", "confín", "marco". Tamén existiu no portugués antigo, coa grafía malhom, co mesmo significado de "marco, baliza, termo límite" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798).
Neste caso, caracterizando un coto, posiblemente remita a un marco divisorio.
COTO DE MONCALVO O (Boimente -lugar do Buio)
O termo "Moncalvo" é un composto de "Monte Calvo". Ver "O CALVO".
COTURRO, O (Covas)
Derivado de "coto", dunha orixe prelatina *cott- 'lugar alto'.
E. Rivas rexistra o significado concreto de "cotorra" como "outeiro, colina". Na zona das Médulas (León), de fala galega, aínda se usa a voz "cotorro", co significado de "outeiro de escasa elevación sobre o que o rodea" (cf. aquí).
Rexístranse en toda Galiza, así nas Negradas "A Cuturra", en Bares "A Cotorroia", etc.
Esta palabra ten múltiples acepcións. Nestes casos provén de calce "calcañar", e designa por analoxía un "sitio de forma semicircular que remata en terraplén ou baixada pronunciada".
Tamén Rivas Quintas indica que o topónimo couce aparece con frecuencia cun sentido topográfico de ‘fondal’, “base de monte” (cf. E. Rivas, "Lingua galega, historia e fenomenoloxía". 1989).
COUSOS (Boimente)
É un topónimo moi frecuente en Galiza e na contorna, como no Valadouro, Muras, Alfoz. Nalgúns casos, como "O Couso dos Lobos" (Manzaneda) ou "O Couso do Foxo" (Triacastela), o significado é claramente o indicado.
COVAS (Covas)
Este topónimo ten unha ampla presenza na toponimia galega.
O substantivo cova designa cavidades na terra, tanto naturais como feitas pola man humana, como minas ou canteiras; tamén furnas e así mesmo goridas de animais ou sepulturas; o adxectivo ten valor orográfico co significado de ‘cóncavo’ ou ‘situado nun fondal’.
En canto á etimoloxía, procede de cŏva e cŏvus, formas propias do latín hispánico (no latín clásico eran cava e cavus).
A motivación para topónimo que nos ocupa, na parroquia do mesmo nome, vén do sitio no que estaba a igrexa primitiva, nunha cova ao pé do mar lugar. Aínda actualmente se conservan algúns restos da edificación.
No 1128 aparece nun documento de Afonso VII como "S. Iohannes de Cova" (cf. "España Sagrada"). No Censo de Pecheros do 1528 soamente figura Grallal, en canto que no 1631 volve aparecer "San Juan de Cova" (cf. Censo de la Sal).
No século XVIII segue atestado como "S. Juan de Coba" no 1753 (Catastro de Ensenada). Figura tamén como "Cóba" no final dese século (cf. "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789). E igualmente aínda nos mediados do século XIX vén como "Coba" (cf. dicionario de Madoz) .
COVELO, O (varios)
Diminutivo de "covo", no sentido de "lugar no fondo dunha concavidade".
CROA, A (Landrove, San Pedro de Viveiro)
CRUZ DO ROLLO, A (Viveiro)
A palabra "rollo" é unha palabra castela que alude á antiga localización neste lugar dun "rollo" (picota de axustizar). Esta cruz, xa que logo, aínda que actualmente se atope na ponte de Viveiro, indícanos que foi traída aí desde o lugar onde se facían os axustizamentos .. onde se aplicaba a pena de morte, vaia.
O dicionario de Marcial Valladares (1884) define "rollo" como
"la picota u horca, hecha de piedra y en forma redonda, ó de columna. Era insignia de la jurisdiccion de villa, odiosa para los pueblos.." (Cf. DdD).
CRUZ DO VASCO, A (Valcarría)
Cruz referenciada a unha persoa de nome "Vasco" (derivado do nome de orixe prerromana Velasco).
CUBELO, O (varios)
O termo "cubelo" é, na maioría dos casos, unha grafía alternativa por "covelo" (ver "O Covelo"). Noutros casos podería provir realmente do diminutivo de "cubo", baixo latín cupu.
No entanto, hai quen afirma (cf. aquí) que a maioría, senón todos, dos "cubelo" e "cuvelo" proveñen de "covelo", diminutivo de "covo", no sentido de "lugar no fondo dunha concavidade".
CUCHAREGO, O (Boimente)
CUÍÑA (Boimente)
"ecclesia uocabulo Sancte Marie que est fundata in uilla Bonimenti et Colina" (cf. P Martínez, 2010. "A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV)").
..."rio do Galiñeiro siguiendo en derecho al pico vello e as veigas de Cuiña"...
" .. et vadit ad illo pino, deinde ad colina et vadit ad via Angustina .."Floriano,DiplomáticaAstur (831):" .. seneras uel quidquid ibidem est; et ad Bellenia colina et horreum, binia de Armentari ..."Andrade,CelanovaTbo (885):[...] integra vinea, pumares, ceresales, perales, ipsa colina medietate, et de ipso lagare de tercia medietate integra [...]SáezE,CelanovaCD (935):[...] , et alia uinea que comparauimus de Tano, et colina integra, et de alias mazanarias et ceresales [...]Andrade,Celanova (1009):[...] vinea ad casa de Gundemaro, levat se de illa colina et vai per succo de Daniel [...]Lucas,SamosTbo (1026):[...] suo germano Stevano et de sua suprina pumare super illa colina ; [...]Lucas,SamosTbo (1052) :[...] et que vendivit domno Fredenandiz ad illa colina sua tercia in illo ortale [...]Andrade,CelanovaTbo (1075):[...] integra in vineas, in pumares, ceresales, ipsa colina media et ipso lagare de tercia medietate [...]
CULLEREIRO, O (Boimente -lugar do Buio)
CURRIPA, A (Galdo)
O termo "corripa" ten a mesma orixe que "curro" e máis "curral", a partir da raíz
prelatina *cor(r)- 'cercado circular'. En corripa incúe o infixo -ip- de
carácter diminutivo (cf. F. Krüger. "Problemas etimológicos. Las raíces car-, carr- y corr- en los dialectos peninsulares").
A corripa é rexistrada nos dicionarios como ‘pequeno cercado no que se botan os ourizos a curtir’. No dicionario de E. Rodríguez rexístrase o uso como "carreiro estreito e pouco transitado, que só se usa para dar paso a algunhas fincas".
CURRO do CANDAOSO, O (Boimente -lugar do Buio)
Famoso lugar da Rapa das Bestas.
O termo "Curro", neste caso, designa un 'lugar pechado para marcar os cabalos selvaxes'.
En canto a "Candaoso", indica "lugar onde abundan os candos" ("garabullos").
CURUXEIRA, A (San Pedro de Viveiro)
CURUXEIRA DOS PARAÑOS, A (Valcarría)
Unha "curuxeira", abundancial de "curuxa", designa por tanto un lugar caracterizado pola presenza ou abundancia de ditas aves. Tamén, metafóricamente, indicaría un "lugar en sitio elevado e con penascos". Cf. DdD.
CUSQUEIRO, O (Boimente -lugar do Grañeiro)
Ver "COSQUEIRO".
CUTIÁN (Valcarría)
Diminutivo de "coto", dunha orixe prelatina cott- 'lugar alto'.
CUVELO, O (varios)
Ver "COVELO".
Do latín (terra) defensa 'terra resguardada, vedada'. Significa "terras cercadas", xeralmente un terreo arborado acoutado con certas restricións.
Orixinariamente eran terras prohibidas para o pobo, do rei ou nobres, para cazar ou para explotación das árbores (carballos, etc).
ENCRUCELADAS, AS (Valcarría)
Topónimo transparente, sinónimo de "Encrucillada" e de "Crucelada", e que alude a un cruce ou confluenza de camiños.
Os cruces de camiños tiñan gran carga simbólica, mítica e relixiosa, xa desde os romanos polo menos. Neles enterrábanse aos que morrían sen batizar, e neles detíñanse os enterros para rezar. Tiñan lugar ritos máxico-relixiosos como os de colocar pucheiros, con moedas ou con outros obxectos. Semella tamén que se daban neles rituais de fecundación ou a cura do "ollo-mao".
Canto ao topónimo, segundo o Proxecto Toponimia de Galicia, a variante "Encrucelada" dáse maiormente na área Mindoniense, maiormente no oeste desta área, de Ferrol ata Cervo. Non é, con todo, exclusivo desta área, así por exemplo recólleo Xabier Moure no Concello de Pedrafita.
ENGROBIAS, AS (Galdo)
O lugar deste nome situado en Galdo aparece atestado en 1763 como "sitio de Engrobas" e "sitio de Engrobias" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 251,365).
ENTORNADOIRO, O (Galdo)
Derivado de "entornar" (envorcar); o dicionario de Aníbal Otero define "entornadoiro" como "Sitio nun camiño perigoso para envorcar un carro" (DdD).
ERMOSENDE (Galdo)
O lugar aparece atestado en 1763 como "situada en Hermosende"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 187,188).
Como nos demais topónimos con etimoloxía xermánica, é importante notar que non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente eran nomes populares na alta Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
ESBEDRIDO (Galdo)
ESVIDRAL, O (Vieiro, Galdo)
Un "esbedrido" ou "esbedral" (aquí transcrito como "esvidral") é un lugar onde abundan os érbedos ou esbedros (Arbutus unedo), árbore que dá un froito usado para aromatizar licores a base de augardentes e para preparar marmelada. Dicía Sarmiento que "esvedro en Vivero es el madroño".
É un topónimo relativamente frecuente. Hai outro "Esvidrido" en Galdo, "Esvedral" nas Ribeiras do Sor e nas Negradas.
ESCORA, A (Chavín -lugar das Cabeceiras de Chavín)
Alusión á "escoura" ou escoria (pedra de cor do ferro, ou "residuo de carbón e ferro").
ESCOURIDO (Covas, Boimente -lugar das Curralas)
Este lugar aparece atestado no Catastro de Ensenada para Covas (1753) ao detallar os muíños existentes, e aparece unha vez como Escoirido e outra como Escourido.
Aínda que descoñezamos calquer rexistro de actividade siderometalúrxica na zona, coñecida a natureza do terreo, coa existencia de mineral de ferro na comarca (así por exemplo na Silvarosa, preto de Escourido), podemos pensar nunha orixe do topónimo na actividade siderometalúrxica.
ESPIÑADÁS (Faro)
Plural de "espiñadal", lugar onde abundan os espiños.
ESTACADA, A (Vieiro)
Probablemente aluda a que houbo na zona unha fileira de estacas atravesadas no río, posiblemente na zona próxima onde coa marea baixa flúe o río, ao pé da ponte do tren.
O dicionario de Eladio Rodríguez recolle para "estacada" as acepcións de "conxunto de estacas en fila cravadas na tierra para reparo, defensa ou atallo dun paso", e tamén a que nos interesa máis de "filas de estacas muy juntas, que se clavan en los ríos para pescar salmones y otros peces" (cf. DdD).
Riesco Chueca interpreta os topónimos "Estacada" e "Estacadilla" como referidos a unha fileira de estacas atravesadas sobre unha corrente, que foron usadas para distintos fins: sinalizar un vao; protexer unha liña de aceas evitando que a leña e outros corpos arrastrados pola corrente atasquen as rodas do muíño; determinar a influencia dun muíño sobre outro situado no mesmo curso.
Riesco Chueca menciona un antigo "Vado de las Estacas", sobre o río Alagón. Tamén cita un documento do ano 921 en Sahagún:
“illa carrera que discurrit ad illo uado de illas stacas”
“nos vos demos estacas da nosa devesa para las presas”, aludindo a uns muíños de Cacabelos.
ESTIVADA, A (Chavín, Valcarría)
Xa Sarmiento indicou que unha estivada era “labor que consiste en rozar o monte, queimar a broza cortada, arar a terra e sementala de trigo ou centeo”.
Concretamente, o termo "estivada" ten varias acepcións, relacionadas coas antigas "rozas":
- Roza: operación de cavar un anaco de monte ou terreo inculto, xuntando a broza e facendo borralleiras para despois sementar trigo ou centeo.
- Terra na que foi feita unha roza despois de estenderse as borrallas desta.
- Peche dunha herdade con terróns.
ESVIDRIDO (Galdo)
Grafía alternativa de "Esbedrido". Ver "Esbedrido".
FABÁS, OS (Chavín -lugar das Cabeceiras de Chavín)
Este topónimo é interpretado como plural de "fabal", 'terreo sementado de fabas' (cf. Dicionario RAG). Igualmente interpreta Navaza estes topónimos (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
FABEGA, A (Galdo)
FACHAS, AS (Valcarría)
O dicionario define "facha" como "antorcha de palla para alumarse de noite nos camiños" (cf. X. L. Franco DdD), e Rivas como unha “hacha, raja de leña para quemar” (cf. DdD).
"a las eminencias en donde, para avisar de la venida de los enemigos, se encienden hogueras; .... Si en ellas hay farol continuo para guiar a los marineros, se llaman "faros", y si sólo para hogueras "fachos". A veces se toma uno por otro".
Canto á etimoloxía de "facha", é incerta. Corominas derívaa dunha voz *fascula, explicándoa co socorrido "cruce", neste caso entre facula 'fachuzo' e fascis 'feixe'.
Esta poboación xa figura nun documento do ano 877 como "Villam de Faro" (cf. p.77 de E. Cal, “De Viveiro en la Edad Media”, in "Estudios Mindonienses", núm. 7, 1991).
O nome deriva do latín pharus, e este do grego Φαρος. Na Idade Media, "faro" indicaba unha cima elevada na que se prendían fogueiras, quer para guiaren os barcos, para se comunicar ou, sobre todo cando son no interior, avisar da presenza do enemigo.
Sarmiento clarificaba semanticamente a diferencia con "facho", sinalando que "facho" era aplicado en Galicia
"a las eminencias en donde, para avisar de la venida de los enemigos, se encienden hogueras; .... Si en ellas hay farol continuo para guiar a los marineros, se llaman "faros", y si sólo para hogueras "fachos". A veces se toma uno por otro. ".
FERMIL (Faro -lugar da Aldea)
Topónimo que remite a unha (uilla) Filimiri, forma en xenitivo de Filimirus (con variantes Felmirus e Felemirus), o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica (cf. J. Piel, "Os nomes germânicos na toponímina portuguesa", in "Boletim de filologia", Tomo III).
É un topónimo relativamente frecuente, atopándose nos concellos de Valdoviño, A Estrada, Palas de Rei e As Neves, así como en varios lugares do norte de Portugal. Hai tamén un Portofermil no concello de Vilalba.
FERRAXÓN (Boimente)
Relativo a "ferraxe" ("forraxe", do latín vulgar ferragine), ben como aumentativo ou incluso podería vir do diminutivo antigo ferragiolo. Rivas Quintas (2001) documenta a palabra "ferraxe", precisamente en Boimente.
“un cereal de invierno -trigo, centeno, o la mezcla de ambos- denominada ferraxe”, “las tierras de primera calidad producen trigo, las de segunda ferraxe, las de tercera maíz”, “una alternancia de trigo o ferraxe como cereales de invierno, con el maíz y la cebada como cultivos de primavera”, “trigo, ferraxe, maíz, cebada”, 1531: “centeno, mijo y ferraxe por voto” (cf. P. Saavedra, 1985. "Economía, política y sociedad en Galicia: la provincia de Mondoñedo, 1480-1830").
FIAL, O (Valcarría)
O mesmo que "feal", un "herbal", lugar onde abunda o feo.Por extensión, “feal” indicaría “prado que se sega”. Así, na documentación medieval atopamos exemplos como:
“un feal bueno para yerba e feno vale tanto como heredad labradia” (cf. J. E. Gelabert,1982. "Santiago y la tierra de Santiago de 1500a 1640").
O lugar deste nomeaparece atestado en 1763 como "sitio de Figueiroá" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 772).
Este topónimo é interesante dun punto de vista lingüístico, pois móstranos a variante nesta zona -oa, fronte a outras variantes como -oá, -úa, etc.
FOLLADA, A (Chavín)
Tanto E. Rivas como G. Navaza explican os topónimos Follada e Folladiña en relación á abundancia de follas, indicando a súa orixe nun verbo latino *foliare 'botar folla frondosa'. Fai alusión por tanto a un lugar de vexetación frondosa (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia Galega").
FONDÓN, O (Galdo -lugar do Fondón, Magazos)
Aludindo á orografía do lugar, situado nun lugar significativamente máis fundo que o territorio circundante, o cal é o caso.
FONTAÍÑAS, AS (Galdo)
O termo "fontaíña" alude a unha 'fonte pequena, fontela'. Cf. DdD.
En canto á etimoloxía, poderíamos dubidar se vén de fonte + -iña ou directamente do latín fontanina. Parece ser que foi o segundo (cf. R. Álvarez, "Dialectoloxía e toponimia: Fontán, Fontenla, Fontaíña").
FONTAO (Boimente)
Relativo á doenza da sarna, no sentido de propiedades curativas, polo xeral fontes sulfurosas. Hai moitos hidrónimos que mencionan a "sarna", o máis cercano que coñecemos é o da "Fonte da Sarna" en Mogor (Mañón).
Parece que lle chamaban así porque a ela acudía a xente coa doenza da sarna, para fretarse contra dunha pedra que se dicía que tiña propiedades curativas contra tal doenza. Cf. aquí.
Están atestados casos nos que se relacionaban as fontes sulfurosas como curas da sarna. Véxase o texto de 1768 sobre o lugar de Cortegada:
"A la distancia de un largo tiro de piedra de esta está de la primera fuente mineral, a quien antiguamente llamaban de la Sarna, y al presente de la Piedra. El auga es clara, con olor y sabor de Azufre; bañando en ella una moneda de Cobre, toma color azul, y si es de Plata, le adquiere azul muy obículo".
FONTE DA VOZ (Landrove)
FONTE DE FERNÁN POTÍN (Viveiro)
Descoñecemos a historia desta fonte ou da referida persoa Fernán Potín.
O apelido "Potín" derivará dun lugar con ese nome. Como apelativo, na Mariña Occidental (Xove, Viveiro, O Vicedo), rexístrase "potín" como variante de "patín"
"Escalera externa, adosada a la casa, terminada en un descanso espacioso, llamado solana, que sirve para tomar el sol en invierno y el fresco en el verano" (cf. José M. Pereda, 1953. "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega").
Coñecemos algún caso de alcume "Potín", e confírmase que foi referido á antiga existencia desta "escaleira externa de pedra" na casa familiar.
A frecuencia de "Fonte do Ouro" na toponimia galega fai pensar en que, en lugar de ser referido a unha anecdota ou lenda asociada co apelativo "ouro", do latin aureum 'dourado' teña máis ben outra orixe que explique esta frecuencia.
Cremos que esta orixe alternativa sería a mesma que a do cercano "río Ouro", que está documentado na Idade Media como Aurio, e para o cal tanto E. Bascuas como outros autores relacionan coa raíz hidronímica prerromana *awer- 'fluír', termo paleoeuropeo. Cf. e.g. aquí. Cf. p. 124 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega".
Porén, outros autores como e.g. Villar relacionan a orixe do río "Ouro" co latin aureum, "de ouro", "dourado" (cf. aquí).
FONTE DO PINGÓN (Magazos)
Topónimo transparente, deverbal de pingar 'caer a auga pinga a pinga", probabelmente remitindo xocosamente á escaseza de caudal.
FONTEGRADA (Vieiro)
Composto, do latín fons granata, "fonte importante, abundante". O adxectivo "grada" aínda existe no portugués con este sentido. Cf. Priberam.
Nese mesmo sentido, Piel interpretou este topónimo, como "contendo o antigo adxectivo graado 'grande'" (cf. J. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII, 1945).
Nicandro Ares decántase por unha orixe no latín fons grata "fonte agradábel", aínda que non aporta raíces para rexeitar aquela etimoloxía. Cf. N. Ares, 2011. "Estudos de toponimia galega". Vol I.
O mesmo topónimo rexístrase en Ourol coa grafía "Fonte Grada", así como en Torres Vedras (Portugal).
FONTELO (Galdo)
A voz "fontelo" remitiría a unha 'fonte de caudal escaso e estacional que nace nos prados ou terreos húmidos’. En efecto, esta acepción aínda se conserva aínda no léxico das Médulas (León).
Por outro lado, nos dicionarios de galego soamente aparece no dicionario de Constantino García, aínda que só rexistrada nun lugar da xeografía galega, polo que semella máis probable a interpretación menos específica indicada.
É unha forma derivada de "fonte", co antigo sufixo diminutivo -elo.
FORCADA, A (Covas)
Topónimo que alude a unha bifurcación, de río, camiño ou cordal do monte.
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza (con formas como "Forcada", "Forcadela", "Forcadiña"), polo que non pode ser referido ao aparello "forcada" ou "forqueta", pois sería un topónimo anecdótico e non encaixaría con esa frecuencia.
FORNELA, A (Galdo)
Os dicionarios de galego definen a voz "fornela" como "boca do forno" e mais "sitio para a cinza, debaixo ou ao pé do forno". Tamén ten a acepción de "alacena na parede" (cf. DdD).
"a metáfora dolménica e a espeleológica são as únicas que, salvo casos especiais, podem satisfacer à congruência toponímica" (cf. A. de Almeida Fernandes, 1991-1993. "Taraucae Monumenta Historica - Livro das doações de Tarouca, I/1: Documenta; I/2: Indices & Studia (Anthroponymia); I/3: Indices & Studia (Toponymia) (Institutiones) (Communia Verba)").
"ad Maura Morta usque ad Paramio" (cf. Tombo Vello da Cat. de Lugo).
Indica unhas terras suxeitas a un foro.
O termo "foro" tivo en Galiza o significado de ‘dominio sobre unha propiedade’, e de aí pasou a ter o de ‘Contrato consensual, comunísimo en Galicia en pasados tempos, polo que unha persoa cedía a outra, ordinariamente por tres xeracións, o dominio dunha cousa inmoble, mediante certo canon ou pensión anual" (cf. E. Rodríguez, Dicionario).
Decía Sarmiento:
"Sobre todo hay en Galicia aquella especie de arriendos que llaman foros. Foro es dar a uno una posesión que la cultive y usufructúe por el tiempo de tres generaciones. Hoy solo se hacen por tres vidas de reyes, pero en lo antiguo se hacían los foros por tres vidas de particulares y veintinueve años más..." (cf. "Onomástico etimológico de la lengua gallega", ed. de J. L. Pensado).
O lugar do Foro (Covas) aparece atestado en 1762 (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Juan de Coba ...": 109).
De (uilla) Froiani, forma en xenitivo de Froia ou Fro(g)ianus, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica. Cf. J. Piel, "Os nomes germánicos na toponímina portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo III.
FRAGA DO MONTOXO, A (San Pedro de Viveiro)
O nome desta fraga alude aos seus (antigos) propietarios, ben por seren oriúndos algún lugar dese nome, tal como o Montoxo de Cedeira, ou ben por teren o apelido "Montoxo" ou "Montojo", á súa vez derivado dun topónimo do mesmo nome.
En canto á orixe de "Montoxo", é unha haploloxía a partir de "Monte Toxo".
FREIXIDO (San Pedro de Viveiro)
O termo "freixido" indica un lugar onde abundan (terían abundado) as árbores chamadas "freixos".
FURADA DOS ASNOS, A (Covas)
.. "demarcación principiando por el marco de furada dos asnos que está junto a dicha mar" ...
Alternativamente, pode derivar o elemento paleoeuropeo *ap-s-, frecuente en hidrónimos, e derivado da raíz indoeuropea *ap- 'auga' (cf. E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega": 179). Esta segunda alternativa encaixa cos topónimos "Poza do Asno", "Ponte do Asno", "Punta do Asno", etc, relacionados coa hidronimia.
Existe tamén un "Os Asnos" en Burela.
FURNAS, AS (Chavín)
Unha furna designa unha cova subterránea, por veces unha cova ou entrada do mar, o cal non pode ser neste caso (cf. DdD).
GALDO (Galdo)
Este nome deste núcleo de poboación está xa atestado en 1128 como "Gualdo", e así se mantén atestado aínda en 1404, en canto que xa aparece 3 veces como "Galdo" en 1419, aínda que no mesmo documento tamén aparece unha vez como Gualdo (cf. p.191 de E. Cal, “De Viveiro en la Edad Media”, in "Estudios Mindonienses", núm.7, 1991).
Podería aludir ao apelativo xermánico waldo, remitindo a unha "fraga", tal como postula p. ex. Miguel Costa (cf. blog Frornarea). En efecto, Du Cange recolle waldo, de orixe xermánica, co significado de "fraga" ("silva") en Italia, e en Francia como gaudus ".. in silva, quæ vocatur Gaudus .." (cf. Du Cange & al., "Glossarium mediæ et infimæ latinitatis". 1883-1887). Notamos que, en apoio desta hipótese, está rexistrado un microtopónimo "O Gualdo" no lugar de Pazos, en Codosedo (Sarreaus, Ou). A presenza do artigo parece indicar o seu uso como apelativo común, aínda que tamén puido vir dun "o agro do (posesor chamado) Gualdo".
Alternativamente, podería provir de (uilla de) Waldo, sendo Waldus o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica (cf N. Ares, 2011. "Estudos de toponimia galega". Vol I: 504).
O Nomenclator rexistra en Mañón do lugar de "Galdos" (cf. Toponimia de Mañón), que debe remitir ao apelido ou procedencia dos antigos posesores (ou fundadores) dese lugar.
GALEA, A (Valcarría)
Unha galea é un tipo de embarcación. A motivación neste topónimo é incerta, talvez aludindo ao alcume dun antigo posesor, por ter embarcado ou similar.
GALIÑEIRA, A (Vieiro)
GALIÑEIRO, O (Boimente)
Alternativamente, Cabeza Quiles vincula os topónimos "Galiñeiro" e "Galiña" con formacións rochosas que lembren a cresta deses animais ou fainos derivar tamén da raíz prerromana indicada. Porén, nos casos que coñecemos non sempre parecen corresponder con estas "cristas".
GARITA, A (Boimente)
Referido a un posto de vixilancia. Existen outros topónimos "Garita" en moitos outros concellos galegos.
Unha "golpilleira" refire a unha gorida ou cubil de golpes ("raposos"). O nome provén do latín vulpicularia, co mesmo significado, derivado de vulpes 'raposo, golpe'.
Existen varios topónimos en Galiza, como p. ex. no Vicedo. No portugués antigo tamén existía o mesmo nome, escrito gulpilheira 'terra onde abundam as raposas', e de feito presérvase na súa toponimia Golpilheira(s). Incluso atopamos Goupillières en Francia, da mesma orixe e significado.
GORMEDOIRO, O (Chavín)
Aludiría a uns (terreos) "gromedoiros", de "gromar", agrumar, e que por tanto significaría "terreos fértiles, con plantas que agroman", ou talvez onde agroma a auga.
A orixe pode estar na base *borm- ’fonte, manancial’, dun indoeuropeo *bher- ’borbotar, ferver’ (anglosaxón beorma, latín fermentum ’formento, levadura’). O paso de *bormedoiro >gormedoiro sería equivalente ao de bromear > gromiar, broma>groma, e similar a volpe>golpe.
Alén do anterior, a existencia do verbo galego "bormar" 'vomitar' (cf. DdD) parece reforzar esta hipótese de relación con "borbotar". No entanto, E. Bascuas indicaba para "Gromejón" (afl. do Douro, Valladolid) unha orixe distinta, na raíz indoeuropea *gwer- 'tragar', a través dun tema paleoeuropeo *garm-. Cf. p. 318 de E. Bascuas, "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega".
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra un "Gormedoiros" en Cabanas e "As Gormallas" en Foz.
Praia dos Castelos, Grallal, Covas |
O termo "grallal" remite a un lugar onde abundan ou aniñan as aves chamadas grallos.
Concretamente, este lugar de Covas xa é mencionado en 1156 como Graliar:
".. et cautum de Portuzelo et de Graliar et cautum de Moogorum et de Uaris et Landroue .." (cf. E. Cal. "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo").
GRAMELA, A (Boimente)
Unha gramela designa unha armadilla ("trampa") para cazar lobos ou raposos.
Composto de "Granda Chá". O termo "granda" ou "gándara" ten varias acepcións, todas relativas a terreo improdutivo, polo xeral chan. As tres formas Gándara>Gandra>Granda son comúns en Galiza.
GRAÑEIRO, O (Boimente)
Ver "O Chao da Graña".
GUISTILÁN (Galdo)
Este lugar aparece atestado en 1763 como "sitio de Guistilan" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 470).
Por outro lado, Nicandro Ares apunta na mesma dirección, aínda que a un antropónimo xermánico distinto, Wistila (cf. N. Ares, "Estudos de toponimia galega". Vol I. 2011).
Como nos demais topónimos con etimoloxía xermánica, é importante notar que non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente os nomes desa orixe foron populares na Alta Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
HÓRREO DE TIMIRAOS (Vieiro)
Hórreo pertencente a unha persoa apelidada "Timiraos".
A orixe deste apelido está no topónimo do mesmo nome de Valdoviño ou, máis probábel pola distancia, de Toimil (Xuances - Xove). No entanto, dado que o concello con maior frecuencia do apelido é Mañón, a orixe pode ser un Toimil que xa desapareceu e que existise na área do actual concello de Mañón, aínda que é unha especulación pois non hai documentación que o indique.
ILLA da ANCHOUSA, A (Covas)
Grafía alternativa por "enchousa", unha "chousa grande", finca grande cerrada (chousada) con muro ou valado (cf. DdD).
INFANTA, A (San Pedro de Viveiro))
Debe aludir á antiga posesión do lugar por unha infanta. Aínda sen coñecermos a historia local, reparamos en que preto deste lugar se atopa o lugar da Torre, que podería remitir a unha antiga torre e vivenda señorial.
LAGOAS, AS (Covas)
LAGÜELA (Galdo)
O termo "lagoa" provén do latin lacuna 'concavidade'. É interesante notar que, nese sentido de "concavidade" que se alaga, o topónimo "lagoa" está moitas veces asociado a lagoas artificiais, por veces formadas no "cono de violación" de mámoas, escavadas xa desde tempos moi antigos na busca de tesouros.
As primeiras mencións destas construcións rexístrase na Idade Media :
"per suis terminis ubi inueneritis lacos anticos et mamolas" (Tombo de Celanova).
No caso de "lagüela", o mesmo que "lagoela", é a forma antiga de dimintivo de "lagoa".
Sinónimo de "lamacido" ou "lamacedo", lugar onde abundaba a lama.
LAMARRUBAS (Vieiro)
Composto por "lamas" e "rubas". Indicaría un terreo lamento, encharcado, coa terra de cor ruba, apuntando a unha terra barrenta. Isto confírmao o feito de ser chamado, este sitio, alternativamente como O Barrido.
Existe na contorna o topónimo Lama Roiba, en Mañón, coa mesma orixe e significado.
LAMA REDONDA (Galdo)
O significado directo podería explicar este topónimo: unha "lama" (pastizal) de forma "redonda".
Outra acepción posíbel do termo "redonda" tamén podería ser a que indica E. Rivas: "Zona de terreno delimitado y su documento de apeo con deslindes y demás particulares".
LAMESTRA, A (Galdo)
O termo "lamestra" é derivado de "lama", de orixe prelatina. Nestes casos "lama" ten o significado de "terreo de pastos para o gado". O sufixo -estra, correspondente co sufixo latino -astra, con significado pexorativo.
É un termo relativamente frecuente na toponimia galega, así, encontramos "As Lamestras" en Morás (Xove).
LANDROVE (Landrove)
" .. sancta Maria de Gualdo sanctus Iulianus de Landroue sancta Eolalia de Mirel .." (cf. E. Cal. "Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo").
LANGOIRA (Valcarría)
Este topónimo, existente en Xove, Cervo, Burela, Viveiro, Sarria, Pastoriza, Samos, tén orixe prerromana, posibelmente cun carácter hidronímico, e indicaría algo similar a "rego da encosta" ou "rego longo".
Ver entrada blog Pena da Cataverna para máis detalles.
LAPIDO, O (Covas -lugar de Nogarido)
Este topónimo alude a un terreo penascoso ou pedregoso (DdD).
LEÁS, OS (Boimente)
Tendo en conta que leva artigo diante, debe derivar de "lugar dos Leás", sendo "Leal" o apelido familiar. En efecto, vemos ademais que Viveiro é un dos lugares onde aínda actualmente está máis implantado este apelido (cf. LEAL).
Relativo a "lebre". Talvez orixinado no alcume dun antigo posuidor.
LESTIDO (Vieiro -lugar da Silvarosa)
LISTIDO (Vieiro -lugar da Silvarosa)
Sitio onde abundan as "lestas", planta da familia das gramíneas, Anthoxanthum odoratum.
Xa en 1717 Sarmiento destaca a existencia da lesta en Galiza:
" hacia Pontevedra solo tiene un dedo de ancho la hoja. Hacia La Coruña tiene dos; y hacia San Andrés de Teixido, junto al cabo de Ortegal, tiene la hoja cuatro dedos de ancho, y allí está poblado de esa lesta olorosa el monte da Capelada".
Existe outro Lestido nas Grañas do Sor.
LOBEIRAS, AS (Valcarría)
O nome "lobeira" indica "gorida de lobos". Cf. RAG.
LODAIRO (Galdo -lugar de Montes de Montecelo)
O termo "lodeiro" remite a unha "lameira, terreo con lama".
Aínda que non se pode descartar unha segunda acepción, a da "árbore tamén chamada lamigueiro, lotus", cremos moi improbable, por ser un topónimo frecuente demais para facer referencia a unha árbore incomún (cf. DdD).
O lugar de Lodeiro de Covas aparece atestado no 1544 nun "apeo" do Mosteiro da Coelleira (cf. E. Cal, 1983. "El monasterio de san Miguel de la isla de la Colleira").
LOMBO GORDO (Covas)
Significado transparente, remitindo talvez ao cumio dun monte.
Alude a (terras) longarelas, 'terras alongadas, un pouco longas'. En efecto, "lóngara" está recollido en galego co significado de "terreo de forma alongada" (cf. Rivas Quintas, Frampas).
Etimoloxicamente, a súa orixe está no latín longula, diminutivo de longa.
LOURIDO (Galdo, Vieiro)
Lugar onde abundan os loureiros.
Esta freguesía está atestada con este nome en 1124.
[...] de Sauto sanctus Michael de Sauro et insula Mirandi. post partem regis sanctus Iacobus de Cellario sancta Maria de Magazos sanctus Petrus de Uiuario sanctus Stephanus de Valcarria sancta Maria de Chauin sanctus Andreas de Fontana sanctus Petrus de Miluis [...] (CODOLGA).
É interesante que nesta freguesía aparece atestado en 1761 en varias páxinas un sitio chamado "Magares"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Magazos ...": 290, 424,488).
Ese sentido de "lama, fango" teno tamén o apelativo "maga" 'tripa do peixe', 'guiso feito papas'.
Alusión a "(terras) maladas", alugadas a "malados". O termo "malados" é un sinónimo medieval de "colonos, servos", no sentido específico de "homes libres que traballaban en terra allea".
Boullón Agrelo menciona o uso de "Malada" como alcume, atestado en 1165, e interprétao tamén co mesmo significado de "servo", seguindo a D. Kremer (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)": 293).
Ver para máis detalle a entrada específica no blog Pena da Cataverna.
A orixe deste topónimo é incerta.
Tamén F. Villar o relaciona cunha forma *mal-, para a cal mantén a orixe na mencionada raíz indoeuropea *mel-. A "Malagón" asígnalle unha orixe nun modelo flexional *Malaco, o mesmo de Olisipo (Lisboa), Tarraco (Tarragona) (cf. F. Villar, "Vascos, celtas e indoeuropeos. Genes y lenguas").
MALLÓ, O (Galdo)
Este núcleo de poboación está documentado en 1437:
"Garçia do Malloo" (cf. J. García, 1987, "Viveiro en los siglos XIV y XV. La colección diplomática de Santo Domingo de Viveiro", in Estudios Mindonienses, nº 3 : 11-132).
Tamén aparece atestado en 1763 como "al sitio de Mallo de Arriba" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 457).
MAÑAR (Valcarría)
Orixinado nunha (uilla) Maniarii, forma en xenitivo de *Maniarius ou *Magnarius, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval.
O nome "A Maraleixa" proviría de "A (terra de) María Aleixa".
Por toda a Mariña atopamos topónimos similares, moi probabelmente coa mesma orixe nun composto de "María". Así, atopamos "A Marapega" no Vicedo, así como "A Maraboa" e "A Maradona" en Barreiros. Igualmente, xa sen síncope, atopamos a correspondente "A María Dona" en Silán (Muras).
Lembremos tamén o caso da "marafonsa", unha clase de mazá, cuxo nome viría de "María Afonsa".
Atopámolo atestado en 1859 como "Amareleija" (cf. aquí)
MARIÑAO, O (Vieiro -lugar da Cabana)
Alusión ao antigo posesor do terreo, de ser "orixinario da Mariña", no sentido da Mariña oriental, que é o que por defecto se entende por "mariñao" na Mariña occidental.
MARCO, O (Boimente)
A voz "marco" designa unha pedra fincada no terreo, sinalando un límite territorial.
MAROTE, O (Landrove)
Este lugar aparece atestado en 1763 como "al sitio do Marote" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Julián de Landrobe...": 137,138,139,142).
MEIRA (Celeiro, Boimente -lugar do Rego do Barro)
“Distínguese la mera de la brétema en que es generalmente más húmeda, más espesa y anda más a ras de tierra, por eso se la considera más dañina” .
En canto á etimoloxía concreta, derivaría dunha forma *marya ou *merya, pertencenta á hidronimia antigoeuropea. Aínda que son varias as raíces *mer- que identifica Pokorny coas cales podería corresponder, podemos supor *mar- /mor- ‘auga detida’.
Igualmente o interpreta Navaza, derivándoo dun "elemento hidronímico *mer- de
Os topónimos "Meira" e "Mera" son frecuentes en Galiza. Atopamos, ademais destes dous Meira do concello, un Meira en Mañón, un concello e parroquia da provincia de Lugo, outro en Cuntis e outro en Moaña.
MEIXOFRÍO (Covas, Vieiro)
Do latín "mansio frigidus", unha pousada (de estrada) deshabitada. Podería indicar, xa que logo, o paso dunha antiga vía romana.
No entanto, neste caso concreto, trátase do nome dunhas terras situadas no límite con Riobarba, a metade de camiño entre a Silvarosa e o Rego dos Bois, non moi lonxe do lugar de Manxofrío (Riobarba). Semella improbábel que houbese outra mansio tan preto da de "Manxofrío", polo que pensamos máis ben que se trata de terras que, nalgun momento, pertenceron a alguén de Manxofrío.
Para máis detalles sobre os topónimos "Meixofrío", "Manxofrío" e similares, consultar "Manxofrío" en Toponimia do Vicedo.
MERÁN (Covas)
MERÁN, O (Galdo -lugar de Montes de Montecelo)
Talvez de "Monte merán", monte con "mera", "néboa miúda", aínda que a forma nesta zona debería ser nese caso "merao". A palabra "mera" é de orixe pre-romana, dunha raíz *mer- relacionada coa auga.
Alternativamente de *(mons) Mirani, de *Miranus, hipocorístico de Mira, nome de orixe xermánica (cf. aquí).
Os topónimos "Mera" e "Merán" son frecuentes en Galiza. Así, por exemplo hai "Monte do Merán" nas Negradas.
MERLÍN (Covas)
Lugar con nome derivado dun posesor altomedieval dunha uilla (granxa, explotación agrícola). O nome de tal posesor é incerto, tal como indicamos deseguido.
Nicandro Ares apunta dúas posibles orixes: quer o antropónimo latino Merlinus, quer do antroponimo xermánico Mirellinus, sendo tamén este último do que J. M. Piel deriva o topónimo portugués Merlim (cf. N. Ares, "Estudos de toponimia galega". Vol I. 2011).
Porén, en 1028 está atestada unha "uilla Maurlini", que podería corresponder co actual "Merlín de Ventosa" (cf. p.162 de "Nomenclator Medieval de Lugo", in Lucensia num. 5, 1992), aínda que outros autores relaciónano con "Morlán" (cf. aquí). Xa que logo, o Merlín de Covas pode proceder tamén dunha (uilla) Maurlini, derivado á súa vez de Maurelini.
Podería derivar da raíz hidronímica indoeuropea *mein-/moin-/min- 'corrente (de auga)', presente en ríos como Miño, e europeos como o Maine. No entanto, non queda preto de ningunha corrente de auga importante, nin este Miaño nin o existente en Lampaza (Rairiz de Veiga, Ou), polo que caberían explicacións alternativas.
"una raíz * mini-, que no escasea ciertamente en la toponimia gallega con diversas terminaciones. Suponiendo que sean de la misma" (cf. p. 123, A. Moralejo, 1977. "Toponimia Gallega y Leonesa").
Probablemente aluda a unha finca propiedade dalgún oriúndo de Miñotos.
MONCALVO (Boimente)
O termo "Moncalvo" é un composto de "Monte Calvo", monte sen árbores. Ver "O CALVO".
MONTALBÁN (Vieiro)
É probábel que remita ao apelido dun antigo posesor.
MONTECALVO (Covas)
MONTE CASTELO, O (Galdo, Landrove, Magazos, Vieiro)
Ver "O CASTELO".
Ver "A GALIÑEIRA".
MONTEIROS, OS (Galdo)
Este lugar aparece atestado en 1763 como "molino de una rueda situado en Monteiros" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 466).
As montarías eran comúns no rural e, en particular, as batidas de lobos, xeralmente dirixidas por monteiros profesionais. Foron comúns e recorrentes desde a Idade Media ata o século pasado. En efecto, un número nutrido de persoas corría o monte batendo sobre o chan e o mato para asustar e acosar o lobo, polo xeral conducíndoo para un foxo.
Na Idade Media, o monteiro costumaba ser un experto cazador local, que tiña encomendada a organización de batidas comunais contra lobos e feras salvaxes que ameazaban o gando. Nalgúns casos, o monteiro exercía a súa profesión sen exclusividade, asinando contratos con señores, aldeas e mesmo parroquias enteiras.
MONTERROSO (Vieiro)
De *(uilla) Montilii, forma en xenitivo de Montiliu(s), o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval que tería sido establecida neste lugar.
MORGADE (Boimente)
De (uilla) Maurecati, forma en xenitivo de Maurecatus, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval que tería sido establecida neste lugar. É un antropónimo de orixe latina.
Estes topónimos Morgade, Mourigade deberon orixinarse entre os séculos VIII e X, no período de vixencia do uso dese nome persoal.
Este é un topónimo frecuente en Galiza e ben atestado, aparecendo xa na forma Maurecati nun documento de 1055 do Tombo de Samos.
MOURENCE (Galdo)
O lugar deste nome situado en Galdo aparece atestado en 1763 como "casa deun alto situada en mourenze" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 251).
MUÍÑO DA BALEA (Viveiro)
Os nomes dos muíños xeralmente refiren a un antigo posesor. Este "Balea" debe remitir a un antigo propietario oriúndo do lugar da Balea, un casarío situado entre Naín e Naín de Arriba, non moi lonxe deste lugar. Ver "A BALEA" para máis detalles.
Por outro lado, poderíamos pensar nalgunha referencia hidronímica, pero a relación co lugar "A Balea" mencionado parece máis segura.
NABAL (Valcarría)
Nalgúns casos, podería estar relacionado coa raíz prerromana *nav 'chaeira entre montañas', presente en topónimos como "Nava" e talvez en "Navallos".
Neste caso, sendo unha terra de labor, alude a lugar onde se acostuma plantar nabos ou metaforicamente, tal como indican os dicionarios referidos, á boa cualidade das terras.
NADAL (Valcarría)
Topónimo que alude a unha *(uilla) Natalii, forma en xenitivo de Natalius, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe latina.
NAÍN (Viveiro)
Este lugar aparece atestado nun documento de 1371, que menciona o "Souto de Naín" (cf. E. Cal, "De Viveiro en la Edad Media", in Estudios Mindonienses nº 7).
NASEIRO (San Pedro de Viveiro)
NASEIROS, OS (Chavín)
O lugar de Naseiro aparece atestado en 1764 como "casa deun alto alsitio de Naseiro"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 137). Tamén aparece atestado nun documento de 1478, onde se menciona un "Juan Naseyro" (cf. E. Cal, "De Viveiro en la Edad Media", in Estudios Mindonienses nº 7).
Deriva do latín nassa + -arius, remitindo na documentación antiga a 'lugar onde os pescadores colocan as nasas', ou 'lugar reservado para a pesca con nasa’ no sentido de ‘couto de pesca'. Xa en 1149 é mencionada unha doación ao mosteiro de Sobrado dun "nasario fixo" no río Ysso (cf. Anuario Brigantino).
En portugués, "naseiro" é homónimo de "caneiro".
NAVAL (Valcarría)
Por veces este topónimo é transcrito con "v", mais a forma correcta debe ser con "b". Ver "NABAL".
NAVALLOS, OS (Boimente)
"mesmo que navalhão; pedaço de terreno húmido entre as searas que se não cultiva para que dê erva" (cf. Terrasquentes www.terrasquentes.pt).
[...] se vadit ad cimam de Teyxoneyras et per portum de Laualo et [...] (cf. CODOLGA).
NAVIA, A (Landrove)
É aceptada a orixe prerromana de "Navia", aínda que os autores discuten se se trata dunha palabra celta ou se paleoeuropea (pre-céltica).
Polo xeral acéptase para "navia" unha orixe hidrónimica indoeuropea, talvez da raíz indoeuropea que Pokorny reconstrúe como *enebh-,‘húmido, auga’, de onde tamén ‘vapor, néboa, chuvia’. Por outro lado, a raíz prelatina *nau relacionada con concavidade do terreo, considerada antigoeuropea por algúns, figura ben documentada. J. J. Moralejo recolle aquí unha relación de distintas hipóteses.
NOGARIDO (Chavín, Covas)
Lugar onde abundan as nogueiras.
NOUCHÓN, O (Covas -lugar da Insua)
Aumentativo de "noucho", voz que ten varias acepcións, incluídas as de "saínte dunha rocha", "croque" ou "moucho".
ORADE (Galdo)
Esta poboación aparece atestada en 1763 como "sitio de Horade"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 213).
ORXAL, O (Magazos -lugar do Outeiro)
Este lugar aparece atestado en 1761 como "casa deun alto alsitio do horjal"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Magazos ...": 517).
No entanto, como se indica para o caso da Pena do Orxal en Nois (Foz), hai veces que este significado non encaixa, e podemos interpretar este topónimo como de orixe prerromana, derivada da raíz indoeuropea *er- 'fluír, moverse', talvez derivado dunha forma *or-w-i-, tal como postula E. Bascuas para o caso de "Oroxo".
OUCHEIRA GRANDE, A (Covas -lugar da Insua)
Debe tratarse dunha forma alterada por "A Ucheira".
OURAO, O (Magazos)
OURAOS (Covas)
O Ourao de Magazos aparece atestado en 1761 como "alsitio do ourao"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Magazos ...": 502). Tamén aparece como "Aurao" no dicionario de Madoz (séc. XIX).
Por outro lado,tradicionalmente téñense feito outras interpretacións que resumimos de seguido, aínda que non as compartimos porque soamente encaixarían parcialmente.
Non cremos probábel a interpretación de "ourao" como adxectivo relativo a ouro, indicando "(agro) moi bon" (cf. A. Llamazares, p. 151 aquí). Igualmente, F. Villar relacionou tal topónimo co latín aureum 'de ouro, dourado' (cf. aquí), aínda que por outra banda, Villar interpreta "Ourubio" do mesmo modo que aquí facemos.
Outra interpretación tradicional foi a de Nicandro Ares, que o relacionou co antropónimo personal Aurianus (cf. "Estudos de toponimia galega". Vol I, 2011). No entanto, o feito de levar artigo, estraño nun antropónimo, xunto co dos topónimos "Auras", Ourubio e similares que non encaixarían, lévanos a considerar esta hipótese improbable. Alén diso, o topónimo "Ouraos", en plural, tampouco encaixaría facilmente, menos aínda se temos en conta que en 1762 aínda era "Os Ouraos".
OUTARIZ (Valcarría)
De *(uilla) Autarici, forma en xenitivo de *Autaricus, o nome do antigo o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
PABOI (Magazos)
De *(uilla) Paponi, forma en xenitivo de Paponius, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
PADRÓN (Galdo)
.. "y de este a los seijos de Padrón" ...
Igual significado é recollido no portugués antigo:
"marco ou marcos de pedras altas que ainda hoje vemos nos antigos coutos" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798).
Para o apelativo "pedrón", Eladio Rodríguez indica que "llaman también así nuestros campesinos al menhir". E puntualiza Filgueira Valverde en que
“no siempre el topónimo indica un monumento prehistórico, puede tratarse de un miliario, de un hito liminar o sencillamente de una “piedra hita” natural”. Cf. X. Filgueira Valverde e A. García Alén, 1977. "Inventario de monumentos megalíticos. .."
Finalmente, indicar que Corominas apunta a posibilidade de algún deles remontar en realidade a un celtismo petronu, adxectivo formado sobre petru, que nas linguas celtas é o número "catro", en referencia a unha encrucillada ou xuntanza de catro camiños (cf. Corominas, DCECH, s.v. padrón).
PAINCEIRA, A (Galdo)
Este lugar aparece atestado en 1763 como "casa terrena al sitio da Painzeira" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 446).
PALEIRA, A (Galdo)
Unha "paleira" (tamén "pala"), nome de orixe prelatina, defínea o dicionario como "cavidade que serve de refuxio ou vivenda a certos animais" (RAG). Antigamente, o significado incluiría o de "cavidade refuxio de pastores e de gado". Cf. aquí.
PALLAREGA, A (Boimente)
PALLAREGAS, AS (Covas)
O termo "pallarega" ten tres acepcións: "casa pequena cuberta con palla", "Palleiro", "Restrebas" (cf. DdD).
Estes topónimos deben remitir a unha zona que cultivou trigo ou centeo, e que era propicia para iso.O sufixo relacional -ega está ligado na toponimia moitas veces ao cultivo dos cereais, así atopamos tamén "aviega" (avea), "millarega" (millo miúdo) ou a "escanarega" (escanla). Tamén Liñarega ou Fabega.
Tampouco podemos descartar totalmente que aludisen a "(casa) pallarega".
É un topónimo relativamente frecuente en Galiza, así atopamos "A Pallarega" en Cervo e en Muras, así como "As Pallaregas" en Cabarcos e en Reinante (Barreiros), en Covas (Viveiro).
PARDIÑEIRA, A (Covas, Vieiro)
PARDIÑEIRAS (Celeiro)
PARDIÑEIRAS, AS (Covas)
Unha "pardiñeira" ou "pardiñal" (plural "pardiñás) remite a un lugar deshabitado, cun sentido análogo a "pardiñeiro": casa arruinada e destartalada (DdD). En portugués existe o cognado pardieiro, co mesmo significado.
Outra posible acepción é a de conxunto de "pardiñas" (devesa ou chousa, cf. dicionario), lugar de devesas.
É un topónimo moi frecuente en Galiza. En Riobarba e Bares rexístrase tamén A Pardiñeira,As Pardiñeiras en Mogor, en Celeiro "Pardiñeiras", en Muras tamén se rexistra o topónimo Pardiñas. En Laxe tamén se rexistra "Pardiñas", e nese caso hai quen aponta para a segunda acepción, de "devesa".
O lugar dos Pardiñás aparece atestado en 1762 como "casa terrena al sitio das Pardiñás" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Juan de Coba ...": 325,556,558).
PARRAGUESA, A (Galdo)
Debe tratarse dun xentilicio, de "orixinaria de Parga", antigamente chamada Párraga.
PARRELA, A (Covas)
Este topónimo debe aludir a unha parra pequena, e estaría formado xa que logo a partir da voz "parra", co antigo sufixo diminutivo -ela. Se for este o caso, o topónimo remontaría á Idade Media, pois xa na Idade Media foi reemprazado o diminutivo -elo/-ela polo actual -iño/-iña.
Por outro lado, tendo en conta que o topónimo "Parga" de Guitiriz, que ten orixe prelatina, está atestado na Idade Media como Aparreca, Aparrega, non podemos descartar que este "A Parrela" proveña dun "Aparrela", e por tanto teñan ambos os dous unha orixe prerromana, sin nada que ver coas vides e as parras.
PASADA DA MEIXÓN, A (Boimente)
PASADA DAS BESTAS, A (San Pedro de Viveiro)
O apelativo "pasada" remite a un "lugar de paso do río, xeralmente a través de pedras colocadas como "pasos" formando unha liña", tamén chamados "poldras". Esta acepción consérvase na toponimia de toda a zona: en Mañón ("A Pasada do Rego"), en Muras ("A Pasada do Río", "A Pasada do Portancho", ..).
Canto a "ameixón", podería estar relacionado co verbo "ameixoar" 'xuntar os animais domésticos' (quer as ovellas, as galiñas, etc.).
Tampouco podemos rexeitar que "meixón" se refira á "cría da anguía", máxime cando se trata dun "paso" do río.
O termo "pasos", indica un lugar polo que se cruza un río.
Para "Requeixo", ver "REQUEIXO".
Pastizal antigamente pertencente a unha persoa apelidada "Rolle", apelido que se localiza maiormente na Mariña luguesa, orixinado nun topónimo Rolle, talvez no existente en Bacoi (Alfoz), talvez nun antigo Rolle no concello do Vicedo, que non figura actualmente pero que é posible, tendo en conta que é neste concello onde se dá a maior frecuencia deste apelido.
O topónimo "Rolle" proviría de (uilla) Rullii, forma en xenitivo de Rullius, nome do antigo posuidor. Alternativamente, de (uilla) Rudili, analogamente de Rudilus, nome de orixe xermánica.
PAXARIÑA, A (Valcarría)
Aínda que o significado é transparente, a motivación deste topónimo é incerta. Podemos pensar que remita ao alcume dun antigo posesor deste lugar, e que se dese a típica adxectivación posesiva, de "a terra do Paxariño" > A Paxariña.
Non é un topónimo único, así o Nomenclator rexistra dous núcleos de poboación homónimos, un en Salceda de Caselas e outro en Camariñas, así como As Paxariñas en Sanxenxo. Igualmente temos O Paxaro en Ortigueira.
PAXÓN (Viveiro)
PÉ DA RUBA (Galdo)
1. Pessoa apegada a costumes antigos ou que não gosta de inovações.2. [Brasil, Informal] Pessoa trabalhadora e cumpridora.
PEDRAFRITA (Celeiro)
Deturpación de "Pedrafita", 'pedra chantada', que remite a un lugar onde houbo un marco, quer medieval de separación, ou talvez un menhir prehistórico.
PEDRAESCRITA (Celeiro -lugar de Alboi)
Descoñecemos neste caso se se conserva.
PEDRIDO (Boimente)
Lugar onde abundan as pedras.
PEDROUZAS, AS (Faro)
PEDROUZOS (Landrove, San Pedro de Viveiro)
O topónimo "pedrouzo", frecuente en Galiza, indica unha morea de pedras, e tamén un "penasco elevado" ou "cima penascosa" (DdD).
En feminino pode indicar un "pedrouzo grande".
A este termo, derivado de "pedra", o sufixo -ouzo, de orixe prerromana, dálle un certo matiz despectivo, o mesmo que ocorre no cognado portugués pedrouço (Priberam).
Edelmiro Bascuas indica que este sufixo deriva de *-auceu, unha variante do sufixo prerromano -auko, que sería abundancial.
PEITORTO (Landrove)
O nome Paio foi moi popular na Idade Media, e de aí que ten unha gran presenza na toponimia menor de Galiza, en particular as formas apocopadas Pai e Pei. Así temos por exemplo Peiperez en Alfoz, Peibarba en Xove, ou Peirrei en Muras.
Este lugar aparece atestado en 1764 como "sitio da Penacabal"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 169).
PENA DA AMOSA, A (Galdo)
Con relación etimolóxica, hai unha Pena de Amia en Cariño.
PENA DA GALIÑA, A (Boimente)
Os topónimos "Galo", "Galiña", "Galiñeira", "Galiñeiro" non encaixan na maoiría dos casos co seu significado obvio, correspondendo moitas veces con montes e formacións rochosas. Neste caso, o feito de ser unha "pena", reforza esta interpretación; proviría, entón, do tema prerromano *kal(l)- 'rocha'. Ver entrada do blog Pena da Cataverna para máis detalles.
PENA DE BANDAMIL (Viveiro)
Esta pena non está atestada actualmente, senón no Catastro de Ensenada para Viveiro (1752), como un dos límites da freguesía ("pena de Bandamill").
PENA DIAGA, A (Magazos)
Debe tratarse dunha alusión a un posesor chamado Diago.
O mesmo que para "Fonte do Ouro", e "Río do Ouro", a frecuencia de "Pena do Ouro" na toponimia galega fai pensar en que, en lugar de ser referido a unha anecdota ou lenda asociada co apelativo "ouro" (do latin aureum 'dourado') teña máis ben outra orixe que explique esta frecuencia.
Cremos que esta orixe alternativa sería a mesma que a de "Fonte do Ouro", e "Río do Ouro", o cal que está documentado na Idade Media como Aurio, e para o cal tanto E. Bascuas como outros autores relacionan coa raíz hidronímica prerromana *awer- "fluír", termo paleoeuropeo.
PENA FALADORA, A (Faro)
Caracterización da pena, probablemente polo ruído que fai co vento, de "falar", nun sentido extenso, dun xeito similar a "monte Bufadoiro" no Vicedo, e "A Pena que Fala" en Frexulfe (Valadouro), e a "Serra da Faladora" en Mañón.
PENAHEDRÁ (Galdo, Magazos)
O lugar aparece atestado en 1763 como "alsitio de Pena Edrade" e "Pena hedrade" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 175,897).
Aínda que a forma hedrá por hedrada non é regular no galego, ten explicación unha vez que vemos que na cartografía tamén está rexistrada como Pena Edrade: a evolución sería de hedrada a hedrade por palatalización da vogal final, e de hedrade pasa a hedrá por influxo do castelán, do mesmo modo que de "cidade" pasou a "cidá".
PENALBA, A (Celeiro -lugar do Castelo)
Composto de "Pena Alba". O termo "alba" corresponde co latín alba "branca", que foi máis tarde reemprazado por "branca". Este feito dá conta da antigüidade do topónimo.
Xa aparece atestado no ano 877 como "Peinaalba" (cf. p.77 de E. Cal, “De Viveiro en la Edad Media”, in "Estudios Mindonienses", núm.7, 1991). Posteriormente figura como Pennam Albam (".. aqua Albam usque Pennam Albam ..") no séc.XII (cf. "Tumbo de Lorenzana", in "Estudios Mindonienses". 1992).
PENA MOSQUEIRA (Galdo -lugar de Chao da Rega, Vieiro -lugar da Silvarosa)
Do latín muscariam, referiría á abundancia de insectos que fan "moscar" o gado. Así o dicionario de Carré Alvarellos defíneo como 'lugar onde abundan as moscas' (cf. L. Carré, 1928-1931 - DdD). Mais tamén podería indicar o contrario; así xa fora do territorio galego atopamos nos dialectos navarro-aragoneses "mosquera" 'paraje con arboledo o matorrales altos donde sestea el ganado' (cf. J. A. Frago, "Toponimia navarro-aragonesa del Ebro (V)" in "Archivo de filologia aragonesa XXXVIII").
O mesmo que "abruñido", lugar onde abundan os "abruños". En efecto, aínda que "gruñido" non é recollido explicitamente nos dicionarios de galego, si figura recollido "gruñedo" co significado de "abruñedo"(cf. DdD E. Rodríguez. "Diccionario enciclopédico gallego-castellano").
Gonzalo Navaza recolle o topónimo "Gruñido" de Mañón, coa acepción supradita (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Alternativamente, lugar onde abundan os gruñeiros. Un "gruñeiro" está rexistrado en Ourense como "lodeiro", lotus.
Ademais do "Gruñido" existente en Mañón, e outros múltiples topónimos en Galiza, tanto Abruñedo, Agruñedo, Abruñido.
Lugar onde abundan as penas.
PENOUCO, O (Boimente)
O dicionario de Eladio Rodríguez define "penouco" como "penedo alto que sobresae dos demais que o rodean". É sinónimo de "penouto".
O nome deriva de "pena", voz de orixe prerromana. O sufixo "-ouco" é de orixe prerromana, aínda que tamén seguiu produtivo no romance, así "pedrouco".
PENOUZOS (Viveiro)
O topónimo "penouzo", é outro derivado de pena co sufixo -ouzo, de orixe prerromana, que lle dá un certo matiz despectivo.
Edelmiro Bascuas indica que este sufixo deriva de *-auceu, unha variante do sufixo prerromano -auko, que sería abundancial.
PEREIRO, O (Galdo, Landrove, Valcarría)
A súa orixe está relacionada co baixo latín pirariu (árbore). Alternativamente, podería derivar de petrariu ("pedreiro"). Con documentación antiga e/ou co coñecemento da orografía da zona, poderían ser diferenciados parte deles.
PESQUEIRA, A (Covas)
Denomínase "pesqueira" (do latín piscaria) ao lugar onde se captura peixe. Para as pesqueiras de río, estarían polo xeral perto dos muíños ou aceas.
En concreto, unha "pesqueira natural" designa unha pedra, illote ou calquer outro accidente natural onde colocar os aparellos de pesca. No caso dunha "pesqueira artificial" designaría unha presa de pedra situada en diagonal no curso do río, desde onde se pesca o co que se desvía a auga para poder pescar. Nas aberturas que deixan estas presas colocaban nasas, daí os topónimos "Naseiro" existentes en Galiza.
As pesqueiras xa aparecen documentadas na Idade Media a partir do século IX (cf. Anuario Brigantino). Por extensión, chámanse "Pesqueira" tamén ás pequenas cascadas (cf. DdD).
Alternativamente, aínda que improbable, pódese interpretar "pesqueira" como derivado do latín pascuaria ´lugar de pastizais', derivado de pascuum 'pastizal'.
PETEIRA, A (Galdo)
Este lugar aparece atestado en 1763 como "sitio da Peteira" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 1211).
Por outro lado, os dicionarios de Estraviz e de Leandro Carré rexistran para "peteira" a acepción de "terra con abundancia de plantas de varias familias, para que non se desenvolvan moito".
PIABADE (Vieiro)
Debe remitir a un antigo posesor do lugar, chamado Pei Abade, con Pei hipocorístico de Paio, tal como comentado para os topónimos PEI CORVO, PEIMÉNDEZ, PEITORTO.
Mirador fronte a Piago |
PIAGO (Magazos)
Os termos "piago" e "peago", do latín pelagus 'pozo', designan unha poza profunda de auga, xeralmente nun río, o cal é o caso deste Piago.
En efecto, este termo é definido por Piel como "sítio fundo do mar ou de um rio" (cf. p. 323, J. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII).
O PIÑEIRO (Chavín, Boimente, Valcarría)
O topónimo Piñeiro remite á existencia dunha árbore deste nome.
Tanto nestes casos como en xeral na toponimia, é frecuente atopar este nome en singular, o cal pode aludir a un piñeiro illado que constituía unha referencia no territorio, nalgúns casos como linde.
PIMPÍN, O (Celeiro)
Probablemente de orixe en onomatopeia, indicando unha fonte de pouco caudal, que "pinga", polo cal se costuma pór unha "pimpela" pola que discorre o fío de auga.
Aínda que non atopamos nos dicionarios, é unha orixe clara, habendo lugares ou fontes "Pimpín" nas Ribeiras do Sor, en Mañón, en Celeiro, etc.
No asturiano rexístrase tamén pimpana, aplicado a unha fonte que mana gota a gota (=que pinga). Cf. aquí.
PLANTÍO, O (Celeiro, Landrove, Galdo, San Pedro de Viveiro)
Este topónimo, rexistrado na maior parte das parroquias, refire en xeral a un abundancial de plantas. En Covas tamén está atestado un "plantio" en 1762 (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Juan de Coba ...": 392).
PO (Valcarría)
Este rego está atestado no Catastro de Ensenada para Valcarría (1753) ao mencionar a existencia dun muíño "al sitio de Pó".
PONTELLAS (Magazos)
Derivado do latín ponticula, diminutivo de "ponte". É de notar o paralelismo deste termo co máis moderno "pontiga", o cal se trata dun semi-cultismo, frente a "pontella" que é a forma que seguiu o curso normal da evolución do galego.
Este lugar aparece atestado en 1761 como "alsitio de Pontellas"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Magazos ...": 502). Tamén aparece nolugar aparece no dicionario de Madoz (Séc. XIX) con este mesmo nome.
PONTIGO, O (Galdo)
Diminutivo de "ponte". Derivado do latín ponticulum. O xénero masculino reforza a idea de "pequeno". É de notar que se trata dun semi-cultismo, xa que a forma que seguiu a evolución da lingua sería "pontello"; de feito, existe "Pontellas" en Magazos.
PONXEIRA, A (Boimente)
De "(terra) ponxeira", terra onde abunda a "poexa" ou "poenxa", a planta mentha pulegia.
PORQUEIRA, A (Galdo)
Topónimo que remite á existencia dunha gorida de porcos bravos.
Topónimo frecuente en Galiza. Designa o lugar que quedaba á fin ou remate dunha subida, onde naturalmente o camiñante descarga e pousa o seu peso e carga. Esta definición xa vén recollida para o portugués antigo (cf. s.v. "pousadouro", in Viterbo, 1798. "Elucidário").
PRAIA DA ARNELA, A (Faro)
O dicionario define "arnela" como "praia en costa aberta, que se mete entre dous montes, e na que xeralmente desauga un río ou regato" (cf. DdD). Esta definición encaixa exactamente co topónimo que nos ocupa.
Por outro lado, o Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outro Arnela no Valadouro, aquela sen moita relación a priori con "praia".
O topónimo "Seiramar" debe ter unha orixe prelatina. En efecto, dado o contexto de hidrónimo, encaixa coa interpretación de Bascuas dada para "Fonteseira" e "Monteseiro" (<Monte Seiro),relacionadas coa forma hidronímica paleoeuropea *ser-, *sor- 'fluír', o mesmo que o veciño río Sor (cf. p. 530 de E. Bascuas "La hidronimia de Galicia. Tres estratos .." in "Estudios Mindonienses", núm. 24).
" .. in ripa Mondeci per porto de Alkigib de foce de Seira usque ad Miserere. " (cf. CODOLGA).
PREGUIZA, A (Faro, Viveiro)
Poderíamos interpretar "preguiza" no sentido do apelativo que os dicionarios definen como " Falta de vontade para traballar". É un topónimo que se repite con relativa frecuencia na toponimia galega, o cal fai dubidar desta interpretación.
É verdade o valor na cultura tradicional galega que é dado ao traballo. Pero aínda así, debería ser un topónimo extraordinariamente raro se se tratase do sentido indicado pola voz común "preguiza".
O Padre Sarmiento xa falaba dela:
“Pigarza. Pera que comí muy gustosa, entre la bergamota y don guindo. Selecta”
Outros fitotopónimos galegos que tamén serían referidos a antigos grupos ou concentracións de pigarceiras son O Preguizal (Calvos de Randín), O Prigazal (A Gudiña).
Considerando todo o anterior, podemos pensar que moitos dos topónimos "Preguiza" evolucionasen desde "Pirguiza" por mera atracción pseudo-etimolóxica do termo común "preguiza".
En resumo, queda pois unha alternativa fundamentada pola que todos ou parte dos topónimos "A Preguiza" se referirían a unha "pereira preguiza".
PREGUÍN, O (Faro)
Orixe incerta. Talvez relacionado con topónimos como "Prego", ou incluso con topónimos prerromanos como "Pregontoño" (Arzúa), o cal leva o sufixo -oño, usualmente prerromano, e como "Preguntoiro" (ver artigo sobre Preguntoiro no blog Pena da Cataverna).
Existen outros "Preguín" na xeografía galega, así, existe un en Lañas (Arteixo), do cal xa figura documentado con este nome na Idade Media (cf. aquí). Existen, ademais, varios Preguinho en Portugal, e.g. en Cinfães.
PUÍDA, A (Viveiro -lugar das Cortes)
Cabe a posibilidade de provir dun nome de posesora con ese alcume (ou propietario: "A (terra) do Puído" > A Puída), aínda que sendo un núcleo de poboación semella máis improbable. A relativa frecuencia do topónimo en Galiza volve aínda menos probable esta hipótese.
PUMARIÑO (Boimente, Chavín)
Tanto Pumariño como Pumarega remiten a un "pumar" 'finca plantada de froitas, maiormente maciñeiras (maceiras)'.
No caso de Pumarega, inclúe o sufixo relacional -ega, de orixe prerromana, que aparece na toponimia por veces ligado por veces ao cultivo dos cereais e doutras plantas, así atopamos tamén "Aviega" (avea), "Millarega" (millo miúdo), "Escanarega" (escanla), "Pallarega".
Gonzalo Navaza indica que o sufixo -ega é "característico da fitotoponimia luguesa"(cf. G. Navaza, 2006, "Fitotoponimia galega").
PUNTA CAMPO MILLÁN (Faro -lugar do Monte Faro)
Este toponimo pode aludir a un "terreo do millán", aludindo ao nome común da planta 'Digitaria sanguinal' que aparece nos terreos de cultivo, unha planta "poácea". O nome é cognado do portugués milhã.
"Es tan continuadamente fecunda como la mielga y tan útil para las caballerías y ganado vacuno como ella. Llámase millán o millá, y en portugués, según Bluteau, milhaã". De ella dice: He o verde dos bois e bestas, de agosto até os santos”..
PUNTA DA ANCHOUSA, A (Covas)
Unha "enchousa" é unha unha "chousa grande", "finca grande cerrada ('chousada') con muro ou valado" (cf. DdD).
PUNTA DA ARNELA, A (Faro)
Ver "A Praia da Arnela".
QUEIXADA (Boimente)
Este topónimo podería remitir á forma ou orografía do terreo.
PUNXEIRA, A (Boimente)
Ver "A Ponxeira".
O "rairo" designa a "gabia pola que discorre a auga dun río ou un regato", e por extensión a "cale do muíño".
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outro Rairo en Muras e mais outro en Ourense, xa documentado en 1453 con ese nome.
RANDAMIL (Magazos)
Este lugar aparece atestado en 1761 como "alsitio da fonte de Randamil"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Magazos ...": 423). Tamén aparece no Dicionario de Madoz (1845-1850) con este mesmo nome.
Este lugar aparece atestado en 1761 como "alsitio da Raña"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Magazos ...": 490).
No dicionario figura "raña" con varios significados, dous deles válidos para un topónimo: "Terreo alto e de monte pobre". "Rápido desnivel no leito dun río de fondo pedregoso".
Rivas suxire para o topónimo unha raiz preindoeuropea *ra-, *ro- que daría lugar a unha familia de palabras relacionadas con "rañar", "arrasar", etc (cf. E. Rivas "Toponimia de Marín"). Porén, Bascuas non fixo referencia a "raña" cando estuda os derivados da raíz indoeuropea *er- 'moverse, fluír', frecuente na hidronimia europea (E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Cf. aquí e aquí para unha discusión máis ampla.
RASAS, AS (Celeiro)
Topónimo que alude a "(terras) rasas", na acepción de "pequena chaeira".
REAL, O (Viveiro)
Do latín vulgar roboria, "carballo".
No dicionario de Aguirre "reboira" figura como ‘rebolta’ (camiño de volta, o máis longo).
Este lugar aparece no Dicionario de Madoz (1845-1850) con este mesmo nome.
REBOREDO (Faro)
O mesmo significado de “carballedo” ou “carballeira”, soamente que neste caso a orixe é no latín robur 'carballo', co sufixo abundancial –edo (do latín -etum), en canto “carballedo” vén de voz prerromana, xunto co mesmo sufixo abundancial romance.
RECANTO, O (Galdo)
O dicionario define "recanto" como "recuncho, lugar apartado". Cf. DdD.
RECECENDE (Valcarría)
De *(uilla) Recesuindi, forma en xenitivo de Recesuindus, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
Aínda que non atopamos atestado este topónimo, si que o está o homónimo "Rececende" da Pontenova, que figura como Recessuindi nun documento do ano 935 (cf. p.309 de E. Flórez, "España Sagrada", tomo XVIII).
REGA, A (Galdo -lugar da Trave, varios)
O termo "rega", ademais da acepción evidente de "regadura, o acto de regar", ten outras varias acepcións, a maioría relacionadas con regatos e os vales ou cárcavas polas que discorren, así como por extensión a de "terreo pantanoso".
Tamén é definida como "angostura formada pola unión das faldas de dúas montañas, que costuma ser cauce dun rego, ver E. Bascuas aquí.
REGO DE ARNALDE, O (Valcarría)
O termo "Arnalde" deriva de Arnaldi, forma en xenitivo de Arnaldus, nome de orixe xermánica. Debe remitir á antiga existencia nas proximidades dunha *(uilla) Arnaldi ou (agru) Arnaldi.
REGO BEIRIZ (Viveiro)
A forma do nome Beiriz pode remitir a un nomen possessoris, ou sexa, o nome do antigo posuidor da uilla (granxa, explotación agrícola), que estivese localizada ao pé deste rego.
Atópanse outros Beiriz na xeografía galega e portuguesa, todos eles correspondentes con núcleos de poboación, o que reafirma esta interpretación.
Dada a terminación en -riz, trátase dun nome de orixe xermánica; probabelmente un *(uilla) Viderici, forma en xenitivo de *Videricus (cf. aquí), aínda que autores como Piel deixan en dúbida o nome concreto (cf. p. 228 de J. Piel, "Os nomes germânicos na toponímina portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo II).
REGO DAS VARAS (Galdo, Magazos, Viveiro)
REGO DE MEIXOFRÍO (Covas)
Rego que nace en Manxofrío (Riobarba), lugar do que tomou o nome. É curioso que leve o nome Meixofrío, en canto que o lugar de Riobarba que o orixinou se chama agora Manxofrío.
Para máis detalles, consultar a información sobre ese lugar de "Manxofrío" no blog Toponimia do Vicedo.
REGO DE PADRÓN (Galdo)
Alusión ao lugar polo que pasa o rego. Ver "PADRÓN".
REGO DE XUDREIRO (Chavín, Valcarría)
O termo "xudreiro" é adxectivo derivado de "xudre". Os apelativos "xudre", "zudre" ou "xurro" tén dúas acepcións: unha de "liquido que sae dos lugares de depósito, como latrinas e vertedoiros", e outra de "torrente, auga que escorre".
Xeralmente, o significado destes topónimos, non situados en zonas de poboación, corresponde ao de "auga que escorre de chuvia, torrente".
Composto de "Rego Mozo", onde "Mozo" aludiría ao alcume ou apelido do posuidor dalgún predio á súa beira.
REIBERTE (Valcarría)
De *(uilla) Raniverti, forma en xenitivo de Ranivertus, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica. Foi analizado por J. Piel, en 'Notas de toponímia galega', 1953.
Como nos demais topónimos con etimoloxía xermánica, é importante notar que non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente os nomes desa orixe foron populares na Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
Por outro lado, é de notar que, dada a existencia de varios "Rei-" probablemente derivados dun "Río-", Paulo Martínez indica que este Roiberte talvez viñese dun Río Verde, tal como Reibarba posiblemente proveña dun Ríobarba (cf. P. Martínez, 2018. "O Cartulário de Fiães enquanto corpus toponímico: acerca de alguns nomes de lugar na fronteira galego-portuguesa"). Xeográficamente é plausible, pois o lugar queda a 100m do Rego de Loureiro.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra tamén un Reverte en Ribadeo, tamén situado preto dun río.
REQUEIXO, O (Galdo)
O dicionario define "requeixo" como "baixada dun monte en declive para un vale" (cf. DdD), ou tamén "lugar apartado, nun recanto".
RIAÑO (Chavín)
Este lugar aparece no Dicionario de Madoz (1845-1850) con este mesmo nome.
RILLEIRA, A (Viveiro)
O dicionario define "rilleira" como "pisada que deixa a roda do carro", e tamén "respaldo do escano". Cf. DdD.
Pode interpretarse como a segunda acepción, pola orografía inclinada do lugar, ou tamén na primeira acepción como lugar de paso con certa humidade de modo que se chantaba o carro.
No entanto, dada a frecuencia da presenza deste topónimo preto de regatos, tampouco se pode descartar unha orixe noutro termo de orixe prerromana, relacionado coa raíz indoeuropea *er- presente na hidronimia europea e estudado por Bascuas (cf. E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
RINXELA, A (Vieiro)
Podería derivado de "renxer", "rechiar, tremer" (cf. DdD), nun significado de "lugar que renxe", do mesmo modo de derivación que "Pimpela" 'que pinga'.
No entanto, este lugar non está situado nun lugar alto onde sopre o vento, senón ao pé da ría, e sen ningún regato próximo que produza ningún son, polo que non parece encaixar a interpretación indicada.
Alternativamente, quedando no esteiro do río Landrove, é tamén posible unha orixe relacionada coa forma *re-/*ri-, da raíz indoeuropea *er- 'moverse, fluír', frecuente na hidronimia europea.
RIÑEL (Chavín -lugar da Maraleixa)
Talvez de *(uilla) Rinieri ou Rainieri, forma en xenitivo de *Rainierus ou *Rinierus, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
Alternativamente, aínda que pouco probable, derivado de "riañelo", véxase "Riaño".
Río da GALLOSA (Covas)
O termo "Gallosa" pode indicar unha bifurcación no río, unha "forqueta", ou remitir á "abundancia de rochas", e proviría do tema prerromano *kal(l)- 'rocha'.
Ver blog Pena da Cataverna para máis detalles.
É importante notar que tamén se rexistra como "Río da Gaiosa", o cal nos podería levar a unha interpretación distinta, baseada nun alculme "gaiosa" 'alegre'. Porén, cremos que a existencia doutros topónimos similares, como "O Rego Galludo" en Ambosores, descarta esta interpretación alternativa, e que a transcrición "Gaiosa" reflexa soamente unha pronuncia con "yeísmo".
Río de LOIBA (Covas)
Porén, os dicionarios de galego rexistran soamente "lobio", en canto que o femenino "lobia" non aparece. Esta forma en femenino, tal como ocorre en moitos outros casos (sacho/sacha), pode indicar unha maior dimensión. Podemos especular que, dada a situación do río, poidera ser que preto da desembocadura estivese cuberto por un emparrado.
Alternativamente, pode interpretarse como hidrónimo de orixe prerromana, da raíz indoeuropea *(s)leub- 'deslizar'. En efeito, Krahe indicaba unha forma básica *lup- presente en hidrónimos ibéricos e europeos. Do mesmo modo, D. Kremer, dun paleoeuropeo *lupia, tal como interpreta a gravura rexistrada no distrito de Braga. Cf. aquí.
- "conf. Munio Fol", 1156 (CODOLGA),
- "ego Adefonsus Garcia, cognomento Fol .." 1164 (CODOLGA).
Río LANDRO (Chavín)
Podería vir do céltico *landa- "terreo cultivado" (cf. aquí), ou da relacionada raíz indoeuropea *lendh- 'campo aberto, matorreira', ou da tamén raíz indoeuropea *lendh- 'húmedo, fonte', segundo D. Kremer (cf. aquí).
'...pumares fructiferas, devesas landiferas, senras, pastis...'.
Río LANDROVE (Landrove)
'Iohannes de Coua, Sancta Maria de Goaldo, Sanctus Iulianus de Landroue, Sancta Eulalia de Mirel, Sancta Maria de Auriol ' (cf. CODOLGA: Mondoñedo 1128).
No século XVIII atopamos a localidade atestada como "Landróbe" (cf. "Nomenclator o Diccionario de las ciudades, villas, lugares, aldeas, granjas, cotos redondos, cortijos...", 1789).
Por outro lado, é tamén posíbel unha orixe hidronímica, nun composto Landro + ove , onde "Ove" derivaría do tema hidronímico antigoeuropeo *up-, presente por exemplo no río Ove (Ribadeo), e por tanto *"Landro Ove" significaría "río Landro".
RIQUIÁN (Covas)
Procede dun (uilla) Rechilani, forma en xenitivo de Rechila, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica, o cal non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente os nomes desa orixe foron populares na Alta Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
ROCHA, A (Viveiro)
ROCHA, A (Magazos)
ROCHA, A (Landrove)
ROCHA, A (Chavín)
ROCHELA, A (Chavín)
No caso da Rochela, atopamos a forma en diminutivo mediante o antigo sufixo -elo (< latín -ĕllŭs).
É interesante ver como a toponimia testemuña o uso do apelativo "rocha", sen uso na fala actual da comarca.
ROUFELLE (Celeiro)
Alusión a unha *(uilla) Roufelii, forma en xenitivo de Roufelius, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, explotación agrícola) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
ROZADA, A (Boimente)
Lugar onde se houbo actividades de "roza" (operación de cavar un anaco de monte ou terreo inculto, xuntando a broza e facendo borralleiras para despois sementar trigo ou centeo).
RUBÁS (San Pedro de Viveiro -lugar de Valdemirós)
Os topónimos Roibás, Rubiás e Rubás correspóndense coas formas en plural do adxectivo roibal/ rubial/rubal 'de cor que tende a roiba'.
RUBEIRA (Landrove)
RUBEIRA, A (Chavín -lugar das Cabeceiras de Chavín)
Adxectivo caracterizando unha terra como de color tirando a ruba. Ver RUBÁS para máis detalles.
Referencia a un lugar no que abundan (ou abundaron) os salgueiros. A súa orixe etimolóxica é no latín vulgar *salicitu, formado a partir da base latina salice 'salgueiro'.
É un topónimo bastante frecuente, así o Nomenclator rexistra outros nos veciños concellos de Xove, de Burela e do Vicedo.
SANTEIRA, A (Galdo)
O lugar aparece atestado en 1763 como "alsitio dasanteira"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 264).
Poderíamos pensar nunha reinterpretación dun "As Arnelas" (cf. "A Praia da Arnela").
SARTÁN, O (Celeiro)
O adxetivo "sartán" refire a un ‘terreo pouco fondo, con exceso de humidade, pouco produtivo e de mala calidade’ (cf. DdD).
O Sartán trátase, por tanto, de "O (terreo) sartán". Pola comarca hai máis Sartán, como e.g. nas Negradas.
SEIXO BRANCO (Vieiro -lugar da Silvarosa)
En xeral, a voz "seixo" designa un "tipo de rocha xeralmente branca e moi dura" (cf RAG).
".. siguiendo por la vega de Escanlar a un Seijo blanco que en ella se halla .."
SENRA, A (Chavín, Landrove)
Ver "SEARA".
SEQUEIRO (Covas)
Topónimo que alude á antiga presenza no lugar dun sequeiro, lugar para secar produtos agrícolas, moitas veces castañas, que pode tratarse dunha construción ou tamén, en ocasións, dunha instalación ao aire libre.
SERNANDE (Chavín)
De (uilla) Sisenandi, referindo ao posesor medieval medieval da uilla ("casal, granxa"), chamado Sisenandus, nome de orixe xermánica.
A transformación de -sn- para -rn- é un fenómeno coñecido no galego e no portugués (cf. J. Piel, "Os nomes germânicos na toponímina portuguesa":382 in "Boletim de filologia", Tomo III).
SERRÓN, O (Covas, Galdo, Landrove)
Un "serrón" nestes casos é en sentido figurado, significando "montaña apuntada e larga".
SEUSVALADOS (Viveiro)
Deturpación dun topónimo "Susvalados", forma composta de "su os valados", indicando un lugar pegado aos valados, ao pé dos valados, pola parte de baixo - apreposición "su" indica "situado a carón de, ao pé de".
É curiosa a reinterpretación que tivo lugar; este topónimo tamén é usado aínda coa forma correcta "Susvalados".
SILVAROSA, A (Covas, Vieiro)
Probablemente teña orixe no latín Silva hederosa, "bosque con hedras". De feito, na Fonsagrada o PTG rexistra un "Silvadrosa", moi probablemente con esa orixe (cf. Piel). Esta é tamén a opinión de Navaza para este topónimo (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia Galega").
Tampouco podemos descartar que se trate dun adxectivo con dobre sufixo abundancial, indicando un "lugar onde abundan as silvas". Aínda que os dicionarios non rexistran este termo (o habitual sería "silveira" ou "silveiral"), si rexistran "silvaral", polo que silvarosa quedaría igualmente explicado, sendo ambos, -al e -osa, dous sufixos abundanciais, o cal ocorre noutros topónimos.
SILVELA, A (Faro)
O termo "silveira" neste caso non correspondería coa planta chamada actualmente "silva", senón co significado orixinario en latín de silvella 'pequena fraga'.
SIXTO, O (Viveiro)
Primeiramente indicar que, tendo en conta tanto a súa pronunciación real como a súa etimoloxía, debería ser escrito "Sisto", pois "Sixto" é con toda probabilidade, tal como veremos agora, unha ultracorrección por "etimoloxía popular".
En efecto, os topónimos Sisto, Sistelo, Sistelín e similares derivan con moita probilidade do latín sistere ‘colocar, establecer’, e terían un significado de "corte para o gando", en relación a lugares de pasto.
Podemos descartar a interpretación tradicional como referencia a un antropónimo, tal como o latino Sextus ou Sixtus: dada a gran frecuencia dos topónimos "Sisto", "Sistelos", "Sistelo", "Sistelín" é improbable que se dese tal frecuencia de lugares con nome de tal posesor para un nome tan pouco atestado.
Por outra banda, García Arias interpreta os asturianos "Sesto" e "Sestelo" como que "parece" posible a orixe en sextellus, relativo ao reparto de terras a sextos (cf. aquí). Desta opinión foi tamén Isidoro Millán , que indica que estes repartos ocorrerían na época sueva (cf. I. Millán, "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987). Porén, a evolución de "sextu" para "sisto", coa palatalización do "e" en "i", sería tal anomalía na evolución do galego que leva a rexeitar esta hipótese.
Como curiosidade, indicar que, de ser certa a interpretación de "corte para o gado", tería un significado análogo ao asignado para o topónimos "Busto", "Bustelo".
SOBRADO (Faro, San Pedro de Viveiro)
Na toponimia, Sobrado alude á unha "(casa de) sobrado", ou sexa, casa de dous pisos.
En efecto, Xaime Varela, analiza este termo no seu estudo da documentación medieval galega, concluíndo que se refire a un tipo de construción enteira, caracterizada por posuír dous pisos, en oposición ás "casas terreas" que soamente posúen un (cf. X. Varela, 2008, "Léxico cotián na alta Idade Media de Galicia: a arquitectura civil").
Igualmente, no norte de Portugal tiña o mesmo uso, diferenciando "casas de sobrado" das "casas terreiras", dun único piso. Así, por exemplo, aínda no S. XVI figura na documentación antiga do norte portugués :
* "Item huma caza de sobrado telhada com sua varanda pera o poente .."* "Item huma caza de sobrado colmassa .." (cf. Tombo da Igrexa de S. Miguel de Lousada de 1542)
Xa J. M. Piel interpretara "sobrado" dun modo similar, aínda que coa diferencia de a ver como casa de certo lustre, "residencia máis ou menos fidalgas", pertencente á mesma categoría de "pazo" (<palatium) e sá (<sala). Cf. J. Piel, "Sobrado. Perfil histórico de uma palavra". 1953).
Algúns autores téñeno interpretado no sentido de 'sitio alto, eminente, que sobresae'. Así, I. Millán defíneo como "terra alta, elevación dominante" (cf. I. Millán. "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987).
Finalmente, indicar que tanto Piel como outros autores rexeitan interpretacións como a de provir de suberatum, tendo en conta a forma en que figuran na atestación medieval.
É un topónimo frecuente en toda a contorna, presente en Ourol, Viveiro, Xove, Foz, Muras.
SOLLOSO, O (Chavín -lugar das Cabeceiras de Chavín)
Topónimo que remite a un (terreo) solloso ("soleado"), lugar abrigado onde dá o sol, situado no lado sur dunha montaña ou dunha encosta.
Aínda que máis improbable, tampouco se pode descartar unha orixe alternativa en relación a un elemento da hidronimia prerromana *sal- ou *sol- . De feito, existe o "río Solloso", afluente do Sor.
O Proxecto Toponimia de Galicia rexistra outros "Solloso" no Valadouro, no Vicedo e nas Pontes.
SOUTO, O (Galdo, varios)
Do latín saltum, orixinariamente era "paso estreito entre montañas, rexión forestal ou bosque situado nun desfiladeiro"; despois pasou as significar "bosque de castiñeiros e por veces de carballos". O dito popular "saír dun souto e meterse noutro" parece que refire á acepción orixinaria do termo.
A importancia da castaña na alimentación en Galiza era máxima até a introdución da pataca, talvez por iso a abundancia dos topónimos "souto" en Galiza.
SOUTO DA REDONDA, O (Viveiro)
O significado directo podería explicar este topónimo: un "souto" (ver "O SOUTO") de forma "redonda".
Porén, cremos que aplica mellor outra acepción do termo "redonda", co significado de "zona ou territorio que depende e se relaciona cunha poboación, pero que se encontra afastada do centro". Por tanto, neste caso sería sinónimo de alfoz, arrabalde ou barrio, entre outros (cf. P. Martínez, 2010, na súa Tese de doutoramento).
Outra acepción posíbel do termo "redonda" é a que indica E. Rivas: "zona de terreno delimitado y su documento de apeo con deslindes y demás particulares".
SOUTO DAS TRAVES (Valcarría)
Ver O SOUTO, e A TRABE.
SOUTULLO (Covas, Chavín)
O lugar de Soutullo (Covas) aparece atestado en 1762 como "alsitio de soutullo"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Juan de Coba ...": 62).
Ver "SOUTO para máis detalles.
SUASBARRAS (Covas, Valcarría)
Composto de "Su as Barras" 'ao pé das barras', 'pola parte de baixo das barras'.
Canto a "barras", tería o significado de "bancos de area na entrada do río". Aínda que improbable, alternativamente tamén podería ser "parras, emparrados" (cf. DdD).
SUEIROS (Galdo)
Este lugar aparece atestado en 1763 como "sitio de Sueiros" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 642).
SUMORGADE (Boimente)
Forma composta de "su Morgade", indicando un lugar pegado a Morgade, pola parte de baixo (a preposición "su" indica "situado a carón de, ao pé de").
Para "Morgade", ver a entrada correspondente.
TAFONA, A (Magazos)
Este lugar vén recollido no Catastro de Ensenada para Magazos (1753) ao mencionar os límites da freguesía:
..."al rio da Cabandela y por este hasta la taona de Fco. Paz de Junqueira que sirve de moler casca o corteza para curtir pieles"..
TARABELOS, OS (Chavín)
Talvez derivado do alcume dun posuidor: tarabelo significa, entre outros, "veleta", "toleirán", voluble. É a mesma voz que "trabelo", tendo este sentido figurado pola "mobilidade" da trabelo que tranca e destranca a porta.
Podemos interpretalo no sentido literal, como trabelos, o diminutivo trabes, remitindo a un conxunto de árbores propias para derivar delas uns trabelos (vigas pequenas).
Tamén Nicandro Ares derívao do diminutivo de "trabe" ou tamén do latín terebra 'trade' (cf. N. Ares, "Estudos de toponimia galega". Vol I. 2011).
TARANCOS (Galdo)
Topónimo relacionado co termo galego "tara" 'releve rochoso'.
O filólogo E. Bascuas analizou os topónimos "Taranco", "Tarancón", que inclúe entre os de base paleoeuropea (pre-céltica) *tara-, e derivados da raíz indoeuropea *ter- "fregar, perfurar", co sufixo prerromano -anko (cf. p. 280 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia", 2006).
É un topónimo relativamente frecuente; así, existe "O Taranco" no Viveiró, en Frexulfe e en Silán.
Lugar onde fabricaban tellas, aproveitando as terras barrentas do lugar.
Forma derivada de "témora" (do latín tremula), lugar húmido que "treme" pola existencia de lama na terra.
Este topónimo foi analizado por Bascuas, e relacionao co galego "tremer", asignándolle a mesma idea de "tremedal". Cf. p. 102 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia". 2006.
Talvez o topónimo "Temuído", existente na Balsa (Muras), teña similar orixe.
TEIXEIRO, O (Celeiro, Galdo, Boimente)
"O Teixeiro" de Celeiro é tamén chamado "A Pena do Teixeiro".
O apelativo "teixeiro" tén dúas acepcións. A primeira, talvez máis probable, é a de sinónimo de teixido, lugar onde abundan as árbores chamadas teixos ('taxus baccata'). Alternativamente, é tamén un lugar onde abundan ou crían os "porco teixos", "teixugos"(cf. DdD).
TERCIAS, AS (Landrove -lugar da Croa)
Derivado dunha partilla de finca efectuada a tercias, ou tamén referido ao terzo da herdanza que as leis deixan á libre disposición do testador.
É un topónimo moi frecuente en Galiza, así atopámolo por exemplo en Mosende e Bares.
TILLEIRA, A (Boimente)
O termo "tomba" neste caso podemos asumir a acepción de "lomba, ribazo", aínda que non podemos descartar a relativa a "tumba, túmulo".
TORA, A (Covas)
Este lugar aparece atestado en 1762 como "al sitio da Tora"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Juan de Coba ...": 350,474). Neste documento tamén aparece o "sitio da tora de arriba"(:561).
Cremos extremadamente improbábel a orixe no patronímico Theodora, que Nicandro Ares postula, pola extremadamente baixa presenza de antropónimos femeninos en núcleos de poboación. De feito, xa a postula con interrogantes (cf. N. Ares, 2011. "Estudos de toponimia galega". Vol I).
TORRE, A (Celeiro, Chavín -lugar das Cabeceiras de Chavín, Landrove, San Pedro de Viveiro, Valcarría)
O termo "torre" nestes topónimos non se refire estritamente a torres, senón a casas torre, casas fidalgas ou casas grandes, de labradores ricos.
A Torre de S. Pedro aparece atestado en 1764 como "alsitio da torre"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 347).
TRABE, A (Galdo)
O lugar deste nome situado en Galdo aparece atestado en 1763 como "situada en Trabe" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Galdo ...": 252).
de Tras-os-Montes, onde "trabota" é un ‘castanheiro novo, delgado e direito’ (cf. P. Riesco, 2011. "Testimonios toponímicos del léxico arcaico de las provincias leonesas).
Se examinamos os topónimos "Trabe" existentes en Galiza, dáse cunha alta frecuencia en hidrónimos (Poza da Trabe, Río da Trabe, Val da Trabe, Val das Trabes, Fonte das Trabes), o cal parece afirmar a relación de "Trabe" con hidrónimos.
TRASPOSTA, A (Viveiro)
Lugar situado "tras da posta". Unha "posta" era un lugar de parada situado nas estradas e camiños, onde antigamente remudaban os cabalos das dilixencias, correo, etc.
TRAVE, A (Galdo -lugar da Trave)
TRAVES, AS (Valcarría)
Ver "A TRABE".
TRONOS (San Pedro de Viveiro)
Este lugar aparece atestado en 1764 como "alsitio dos tronos"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Viveiro ...": 155).
Significado e orixe incerta. Pode provir do tema paleoeuropeo (pre-céltico) *turb- ou *turw-, relacionado con hidrónimos e derivado da raíz indoeuropea *ter- "fregar, perfurar" (cf. p. 324 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia". 2006).
É importante destacar que a terminación -año aponta a unha antiga terminacion -an-io, incluíndo o sufixo -io, frecuentemente relacionado con hidrónimos prerromanos. Isto reforza esta hipótese.
Porén, tampouco se pode descartar que derive do latín turba, ou incluso do galego "turbar".
UCHEIRAS, AS (Valcarría, Boimente -lugar da Lama)
As ucheiras son as "pedras do forno". Talvez estea referido aos esteos (pedras laterais) dun dolmen, por veces tamén referido como furna ou "furna dos mouros".
Canto á etimoloxía, pode derivar do latín ostia 'porta', aínda que indicando "porteiras" nun significado distinto.
VACARIZA, A (Vieiro)
O Catastro de Ensenada para Stgo e Sta Mª de Viveiro (1753) atesta este lugar ao mencionar os límites da freguesía:
Aínda que descoñecemos documentación antiga que o probe, pode tratarse dun *"Val de Froila", pois moitos "Flores" existentes actualmente na toponimia galegas remiten ao patronímico de orixe xermánica Froila. Cf. aquí.
Nicandro Ares indica como posibilidade o patronímico Flores ou Flórez, derivado dun Florius. Cf. N. Ares, "Estudos de toponimia galega", 2011. Non se explica por qué non evolucionou para Choiro, tal como ocorreu nos casos análogos de Chorente, Chavín, Chorexe, etc. Talvez fose un nome reintroducido despois do paso fl->ch-, aínda que non hai probas ao respecto.
VALDEMIRÓS (San Pedro de Viveiro)
Diminutivo de "valga" (do latín vallica), o cal pode remitir a unha valgada, un vale suave, un lugar en forma de val, entre dous montes.
VASOIRAL, O (Valcarría)
Nicandro Ares dálle a obvia mesma orixe, aínda que a interpreta como "basura, vertedeiro" (cf. N. Ares, "Estudos de toponimia galega". Vol I. 2011).
VELLEGAL, O (Chavín)
"Bellegal" ou "Vellegal" significa algo similar a "fraga", no sentido de terreo pedregoso e abrupto. Cf. DdD.
VENTOSELLE (Covas)
Derivado de (uilla) Uendosildi, que remite ao antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, explotación agrícola). O topónimo deriva da forma en xenitivo dun posesor medieval chamado *Uendosildus ou chamada *Uendosildi.
VICÁS, OS (Valcarría)
Ver "BICÁS".
VIEIRO (Vieiro)
VIGO (Landrove)
Este lugar en aparece atestado en 1763 como "al sitio de Vigo" (cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Julián de Landrobe...": 189).
VILAMARCOL (Magazos)
Aparece atestado en 1761 como "alsitio de Villa Marcol"(cf. PARES, 1761-1764. "Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Maria de Magazos ...": 431).
Alternativamente, Piel tamén indica a hipótese de Uilla Marculli, dun posuidor chamado Marcullus. No entanto, Piel cre que a primeira opción é máis probábel, por ser daquela Mercurius más frecuente (cf. J. M. Piel, 1984. "Novissimas achegas à história da tradição antro- toponomástica mais antiga latina no noroeste galaico", in "Verba" 11).
VILAMEÁ (Valcarría)
Do latín Uilla Mediana, remitindo á súa situación equidistante de algo.
VILAR DE ARRIBA, O (Covas, Galdo)
VILAR DE ABAIXO, O (Covas, Galdo)
O termo "vilar" inicialmente indicaba unha explotación agraria situada na estremeira dunha uilla, da cal se vai progresivamente escindindo ou esguizando ata adquirir entidade propia" (cf. p. 221 de C. Baliñas. "Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media (séculos VIII e IX)").
É moi probábel que na orixe de moitos dos topónimos baseados en "vilar" ou derivados proveñan de significados de carácter máis ben agronímico, máis que de núcleos habitados.
Porén, na actualidade, os dicionarios refiren a un "casarío", "aldea pequena, lugar pequeno", se ben tamén recollen o termo como "conxunto de terras a labradío, cercadas ou pertencentes a varios donos". Rivas Quintas rexistra en Vilalba a acepción "Conjunto de fincas que siguen los mismos cultivos, polígono de labradíos", e F. J. Rodríguez nesa mesma zona: "heredad grande, que descansa y se aplica a centeno [...], de varios partícipes". Unha acepción de Leandro Carré, que pasou logo para dicionarios posteriores, foi "Campo en barbeito ou restreva despois de recollido o froito".
Cf. DdD.
Para o caso d'O Vilar pertencente a Galdo, figura atestado no Catastro de Ensenada para Galdo (1752) ao establecer os límites da freguesía, e rexistra a existencia dunha xurisdición independente para este Vilar.
Este topónimo corresponde na actualidade cunhas terras situadas ao noroeste de Guistilán e ao oeste do Rego de Bravos.
VISO, O (Boimente)
O topónimo "Viso", frecuente en Galiza, alude a un lugar elevado, con boa vista, tal como na realidade acontece con este lugar.
VIVEIRO (Viveiro)
".. in terra Uiuario Veiga de Ferriol cum suis adiunctionibus..." (cf. CODOLGA).
Terras de "xabre" (terra areosa dura, xeralmente formada pola descomposición do granito). Na comarca, existen outros "Xaral" nas Negradas, nas Grañas do Sor, Muras, etc. Tamén "xuxarrido", de "xarrido" en Bares.
XARDÍN, O (Galdo)
Significado transparente; probablemente nun sentido metafórico (positivo ou pexorativo), pois hai moitos topónimos "xardín" localizados en sitios non apropiados para ser un xardín (e.g. cando están lonxe de lugares habitados). Posiblemente o sentido figurado fose positivo, de estar situado ao abrigo dos ventos e orientado para o sur.
Segundo Crespo Pozo, xardín tería a acepción de "horto, horta pequena" (cf. J. S. Crespo, 1979. "Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego ..". Vol II).
XIMARÁS (Chavín -lugar das Cabeceiras de Chavín)
... "sitio do areal y de alli por dicho rio al de Jimara, a la Peña do Osso "...
XIMARREIRA, A (Galdo)
Esta hipótese tamén parece confirmarse neste caso de Galdo, onde hai un terraplén moi próximo ao lugar.
XOTA, A (Vieiro)
A voz "xota" designa un vástago, un brote longo e dereito de árbore (cf. DdD), mais tería pouco encaixe nun topónimo, excepto talvez como alcume dun antigo posesor do lugar ("dereito como unha xota").
[...] Nando ts., Pelagio ts., Iusto ts., Leovigildo ts., Teodila ts., Iote ts., Sendeamiro ts. [...] (a. 1007, cf. CODOLGA)[...] VIIIa porcione que comparavit de Iote et de suis filiis [...] (a. 10021, cf. CODOLGA)
Caramba, moitísimas grazas por compartir estes apuntamentos con todos!! É moi interesante coñecer a orixe e é algo que non se debería perder. Grazas polo teu traballo!!
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu comentario!.
ResponderEliminarComecei con este traballo porque me daba pena que se perdese a memoria viva que recolle a toponimia, ese rexistro de historia, mitos e lendas dos nosos antepasados. As súas interpretacións da paisaxe é unha chave para podermos entender mellor a súa cultura e como foi evoluíndo século a século. Ao fin, é unha das claves para entendérmonos a nós mesmos.
Enfin, ver que hai xente que, dalgún xeito, aprecia o teu esforzo é motivante e axuda a continuar con este íngreme traballo, un sudoku no que deben encaixar nomes, historia e paisaxe.
Este é un gran traballo Xosé. Moitas grazas por compartilo e felicidades.
ResponderEliminarMoitas grazas a ti por ler o blog e polos ánimos!
ResponderEliminarImportante recopilación.
ResponderEliminarRilleira -que no conocía en la acepción de rodera del carro- es probable derivado de riuus (corriente de agua, rio): dim rívulum: Rinlo, y probablemente Ril; 2 dim.: riuellum: Rielo (tal vez Riñel Rinxel); 3: *ribellularia: rilleira.
Para Rubás, Rubiás no hay que pensar sólo en rúbeus: rubio, sino también en rupes (rupestre)